Luns 24, unha fronte fría traerá chuvias e forte ondada

23 Febreiro 2025

Este luns, 24 de febreiro, unha fronte fría activa atravesará Galicia de oeste a leste ao longo da xornada, deixando ceos cubertos e precipitacións xeneralizadas. As chuvias comezarán de madrugada na provincia da Coruña e estenderanse a toda a Comunidade a partir do mediodía, sendo localmente fortes na metade norte e oeste.

As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará con forza do sur-suroeste no litoral e de maneira moderada no resto do territorio, rolando a noroeste co paso da fronte.

No mar, espérase un mar de fondo do oeste con ondas de entre 5 e 6 metros na costa, polo que se recomenda precaución.

Atención para luns 24: Precipitacións xeneralizadas, localmente fortes na provincia da Coruña. Mar de fondo do oeste con ondas entre os 5 e 6 metros no litoral.

meteogalicia

O noso mar; Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do noroeste á noite, forza 5 a 7 á mañá, 5 a 6 á tarde e 4 a 5 á noite. Media vaga á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 5 a 5.5 metros á mañá e á tarde e 4 a 4.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...