“Lecer e cultura” – José Manuel Pena

03 Febreiro 2025

As corporacións locais non se dedican unicamente a preocuparse pola iluminación pública, polas estradas ou camiños, pola sanidade ou a educación pública, pola limpeza viaria, tamén teñen que promover e incentivar a cultura e o lecer entre a poboación. Así o Concello de Ribeira, a través da Concellería de Cultura aposta polo promotor de espectáculos ribeirense, José Antonio Fernández Paz, para traer este mes de febreiro ao Auditorio Municipal o gran espectáculo musical Remember Queen, cos seus famosos grandes éxitos de Queen, para que os veciños de Ribeira e a comarca do Barbanza en xeral, afeccionados á boa música, non teñan que desprazarse ás grandes cidades para gozar do xenio de varios estilos musicais como o rock, pop, blues e mesmo o heavy metal.

É moi importante que a cidade centenaria poida contar con este tipo de actuacións musicais que eran máis propias de cidades como Vigo, Santiago ou Coruña. Os veciños agradecémolo, como non podía ser doutra maneira e confiamos en que se sigan promocionando.

Tamén hai que lembrar que este promotor de espectáculos foi o encargado da instalación da pista de xeo, durante estas pasadas datas do Nadal, á que acudiron centenares de persoas.

Este mesmo mes de febreiro, concretamente o día 22, estará tamén en Ribeira o famoso e recoñecido internacionalmente ilusionista e mago, Dani Polo, nunha actuación aberta para todos os públicos. Os máis pequenos e non tan pequenos agradecerémolo porque pasaremos unhas horas de lecer e goce.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...