Kike Varela e Ferriñas Bravas acadan millóns de reproducións na Rede co tema “Micaela”

21 Febreiro 2025
O DJ sonense Kike Varela

Kike Varela, DJ e produtor compostelán afincando dende hai anos no Barbanza (en Porto do Son), vén de compartir nas redes o seu novo tema, Micaela, inspirado no célebre tema de Felicia Insuela, unha das cantareiras máis relevantes do noso patrimonio musical, tanto polo seu innegábel talento creativo como polo carácter libre e atrevido das súas letras, como tamén polo seu labor de reivindicación cultural preservando mancheas de romances e cantigas populares propias do rural galego, autora (tamén) de temas tan salientábeis como O Caneco ou Micaela, precisamente.

O lanzamento contou cunha colaboración ben destacada: a da agrupación de pandeireteiras Ferriñas Bravas. O tema suma máis de 4 millóns de reproducións entre todos os vídeos co seu adianto en redes sociais. En concreto, a día de hoxe (este venres 21 de febreiro) o tema suma máis de 800.000 de reproducións en Instagram e 3.500.000 en TikTok entre todos os vídeos. “Para moitas persoas está chamado a ser un dos temas do ano en Galicia”, sinala Kike Varela, engadindo que “cando decidín rescatar este tema tradicional, xa me imaxinaba que podía funcionar ben, pero a acollida da xente está superando todas as miñas expectativas. Subín un adianto o día 10 de febreiro, e dende entón estou recibindo centos de mensaxes todos os días preguntando polo tema. Tamén houbo moitos DJs de toda España que me pediron o tema para poder pinchalo nas súas sesións”.

Segundo explica o DJ compostelán, “a idea de facer unha versión de Micaela naceu grazas a un reel que vin de Felicia cantando o tema. Nada máis escoitalo, xa se me ocorreu como podía levalo ao meu estilo. En canto a quen ía poñer a voz, sempre tiven claro que Ferriñas Bravas eran as cantareiras perfectas para facelo. Onde si que tiven dúbidas, foi na letra, xa que dubidei se traducir toda a letra ao galego ou respectar a letra tradicional de Felicia que está recollida na Asociación de Escritores en Lingua Galega. Finalmente, decidín non tocar a letra e respectar a versión orixinal de Felicia”.

Por outra parte, Ferriñas Bravas móstranse encantadas polo lanzamento: “Cando Kike nos comentou a idea, fíxonos moita ilusión. Xa quedaramos moi contentas coa experiencia ao gravar Meigallo, polo que non tivemos dúbida algunha en volver colaborar con el. Ademais, poder facer unha versión dun tema de Felicia, unha das informantes máis coñecidas no mundo da música tradicional galega, foi todo un orgullo para nós. Se non fose por ela e todas as demais informantes, hoxe non existiría toda a tradición da que naceu e da que se alimenta o noso grupo, polo que estamos moi contentas de poder
render esta homenaxe e do resultado obtido no proceso”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...