FEMXA e ARVI únense a un proxecto europeo para modernizar a formación en seguridade no sector pesqueiro

06 Febreiro 2025

Recentemente presentouse en Utrecht (Países Baixos) o proxecto europeo STARFISH (Strategic Trainer Alliance for Responsible FISHing, destinado a modernizar a formación básica en seguridade do sector pesqueiro e aumentar a protección dos traballadores a bordo. O proxecto, financiado por Erasmus da Unión Europea, conta con socios de diferentes países europeos: ProSea Marine Education (Países Baixos), Europêche (Bélxica), Centre Européen de Formation Continue Maritime (Francia). Por parte de Españan, participan o grupo galego FEMXA e a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI), que achegan a este proxecto a súa experiencia e coñecemento en materia de formación en seguridade marítima e medio ambiente.

A función de ARVI será coordinar os pilotos que se realizarán nos tres países participantes, entre eles realizarase tamén un en Vigo. Crearase para iso un contido específico adaptado á normativa actual, con pílulas formativas denominadas bubbles que farán do curso unha aprendizaxe directa, actualizada e interactiva.

Pola súa banda, FEMXA, como empresa especializada en formación e dixitalización educativa, achegará a súa experiencia no desenvolvemento de contidos innovadores e plataformas de aprendizaxe adaptadas ás necesidades do sector pesqueiro. En concreto, utilizando metodoloxías innovadoras, desenvolverá xogos educativos e unha plataforma de e-learning con contidos formativos sobre seguridade e sustentabilidade aplicados ao sector pesqueiro de acordo co STCW-F.

Estas ferramentas permitirán aos profesionais aprender de maneira interactiva e dinámica, facendo o proceso educativo máis atractivo e efectivo. Desta maneira, o proxecto ofrecerá solucións formativas dispoñibles desde un dispositivo móbil, onde se poderán descargar os contidos para poder usalos cando os pescadores e pescadoras queiran sen estar limitados pola conectividade.

Patricia García, presidenta institucional de FEMXA explicou que “estamos encantados de participar neste novo reto de modernizar as formacións nun sector ao que estamos tan vinculados. Facer que a formación esencial sexa accesíbel, atractiva e adecuada para a era dixital forma parte do ADN do noso grupo; traballaremos en ofrecer unha metodoloxía diferente á tradicional das clases presenciais, permitindo que os profesionais do sector poidan consultar este material cando e desde onde queiran, mesmo desde alta mar e sen conexión a Internet”.

Pola súa banda, Edelmiro Ulloa, xerente de ARVI, sinalou que “o obxectivo que perseguimos con este proxecto é a mellora na seguridade no sector pesqueiro, entendida esta de unha maneira global. Sabemos que apostar a modernización na formación dos traballadores vinculados ao sector, facéndoa máis atractiva, contribuirá á mellora da protección non só das nosas tripulacións e buques, senón tamén do medio ambiente”.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.