Este xoves o Centro Social de Boiro inclúe unha formación para previr o suicidio

25 Febreiro 2025

O Centro Social de Boiro vai dar acollida este xoves 27 de febreiro a unha xornada de divulgación con recursos para reforzar a calidade de vida de cadaquén e a súa saúde mental. Trátase dunha Charla sobre intervención en risco de suicidio, programada para as 10.00 no Centro Social. Será impartida pola Asociación Pro Saúde Mental. As inscricións cómpre facelas no CIM de Boiro mediante o enderezo electrónico cim@boiro.org ou no teléfono 981 84 48 00 ext. 1285.

A actividade vén da man do Concello de Boiro, a través da área de Política Social, e encádrase nun programa de actividades formativas e charlas que se van desenvolver durante os vindeiros meses.

A primeira das actividades divulgativas programadas versou sobre Diversidade familiar e familias monomarentais e foi impartida por FAGAMOS, a Asociación de Familias Monomarentais de Galicia, o pasado xoves 20 no Centro Social.

A seguinte actividade formativa será Conceptos básicos sobre identidades de xénero e orientación sexuais, impartida por ARELAS, Asociación de Familias Menores e Trans, e terá lugar o 10 de marzo de 10.00 a 13.00 horas no Centro Social de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.