Este sábado celébrase a II Bandeira de Bateis Muros de San Pedro

25 Febreiro 2025

O Concello de Muros acolle este sábado, día 1 de marzo, a II Bandeira de Bateis Muros de San Pedro.

A proba, organizada polo Club de Remo de Muros coa colaboración do Concello de Muros, comezará no porto de Muros ás 16:00 horas.

“Trátase xornada especial, en pleno Entroido, para desfrutar dun deporte tan tradicional e vencellado a Muros como o remo”, asegurou a alcaldesa, María Lago, que presentou a proba xunto o concelleiro de Deportes, Damián Torea, e a presidenta do Club de Remo de Muros, Lucía Siaba.

Damián Torea animou “á veciñanza a pasar polo porto de Muros o sábado para ver a espectacularidade da competición”, agradecendo “o traballo do Club de Remo de Muros”.

O concello agradece ademais o traballo na proba de Protección Civil de Muros, GES, Garda Civil e Policía Local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.