Elefante Elegante achega coa función familiar “Kyoki” unha reflexión sobre a memoria e a demencia (en Rianxo o 22 de marzo)

18 Febreiro 2025

A compañía Elefante Elegante Teatro vai estar o vindeiro 22 de marzo en Rianxo para representar a súa función Kyoki, de María Torres e Gonçalo Guerreiro, un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade. Dará comezo ás 19.00 horas no Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes. A entrada será de balde até completar capacidade, coa retirada de convites na billeteira do Auditorio fixada dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Público familiar, maiores de 5 anos.

Foto de Vanessa Rábade

Kyoki é un espectáculo que xoga co significado do termo en xaponés, “demencia”, e que designa en termos xenéricos unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. Na peza de Elefante Elegante convídase ao público a reflexionar na teima de relacionar a demencia coas persoas idades, pero “quen nunca esqueceu onde colocou a caixa das galletas?” ou “quen non vestiu algunha vez o xersei do revés”?

Kyoki é unha ollada cómplice, reflexiva e sensíbel ás experiencias que viven tanto as persoas que precisan ser coidadas como as propias coidadoras. A familia, as institucións médicas e as institucións sociais están presentes nos tres personaxes interpretados pola actriz protagonista: a avoa, a súa filla e a doutora.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.