“Din que é a grandeza de Europa o que molesta a Donald Trump. De onde ven el?”. Antón Luaces

22 Febreiro 2025

Un paiaso do circo económico norteamericano xoga co sable dun membro do corpo de garda da presidencia dese país; un extravagante personaxe que acepta unha motoserra como regalo do presidente de Arxentina e un boneco articulado que pretende reconstruir a golpe de mísiles e drons a “imperial” URSS, semellan ser na actualidade os amañadores dun mundo que non foi feito á súa medida porque os habitantes daquel deseñaron un presente (xa pasado) que permitiu un futuro (xa presente) no que ese tipo de dirixentes non tivesen cabida. 

Máis erraron nos cálculos os deseñadores: Europa, que foi exemplo e marcou a patada a seguir na percura da unidade e o bo facer, semella ter acadado tan só ensinar aos estadounidenses como se fai o saúdo fascista e como se deportan migrantes encadeados de pés e mans á base cubana de Guantánamo para relembrar os tempos nos que Hitler facía xabrón coa graxa dos xudeos asados nos fornos de Mauthausen, onde comezou a escribirse a historia dun holocausto que actualmente seguen a redactar en Palestina os netos dos que rexían aqueles campos de exterminio situados na beira de Austria, e os rusos e norcoreanos que morren e matan en Ucraína polo afán do boneco articulado de ampliar o seu terreo de xogo, repiten episodios.

 Son fases da historia que o paiaso, nesta fase da súa, modifica collido do ganchete do extravagante máis estrambótico que pisou o “despacho oval” dende antes e despois de que Kennedy falara da crise dos mísiles de Cuba ou George W. Bush relatara á nación os ataques do 11 de setembro.

Agora o paiaso asina ducias de decretos e guinda magnánimemente ao público rotuladores de tinta negra que, supostamente, non pagan aranceis nen teñen que dar conta da cor do seu “sangue”- 

Pero no país do paiaso, unha nena migrante (ilegal?) de 11 anos, optou esta semana por se suicidar antes de que o asinante de decretos a deportara ao país de orixe dos seus proxenitores (ilegais?).

O aprendiz de zar incrementa os bombardeos na agora abandonada Ucraína. E míster Strambotic xoga coa motoserra a cortar os soños dos que tanto fixeron e fan por USA. 

A grandeza de Europa molesta a demasiado anano mental e o soño comunitario seica vai durmir en Bruxelas agardando outra oportunidade.

 En España hai quen lle bota guindas ao pavo que tenta ser, outra volta, águia. Un ciclo que troca e non hai remuda que o evite.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.