“Comunidade de montes” – José Manuel Pena

07 Febreiro 2025

As Comunidades de montes desenvolven un importante labor social nos espazos rurais, ademais de ser unhas ferramentas comunitarias e veciñais fundamentais para afrontar a realización de diferentes melloras nas parroquias. Para iso necesítase realizar unha boa xestión e ademais implicar aos veciños nas diversas actividades sociais, comerciais, culturais ou de calquera outro tipo.

Os problemas tamén forman parte do funcionamento destas entidades e así a propia Comunidade de Montes en Man Común de Olveira está a sufrir e vivindo, desde hai algún tempo, un conflito como consecuencia do malestar por parte de numerosos comuneiros que demandan unha maior de transparencia e claridade na xestión e o escrutinio das contas anuais da entidade veciñal. Remitiron diversas circulares aos membros da xunta directiva, mesmo ás propias Consellería do Medio Rural e de Medio Ambiente da Xunta de Galicia en busca de aclaracións pero, ata o momento, obtiveron o silencio como resposta.

Este grupo de comuneiros, ante o sentimento de indefensión que padecen, decidiron acudir aos medios de comunicación, para denunciar publicamente o que eles consideran unha vulneración e incumprimento dos estatutos, da propia Lei de montes de Galicia e da pasividade mantida por parte dos responsables autonómicos, nesta materia. Atopáronse con que a televisión pública de Galicia, Televisión de Galicia (TVG), pechoulles as portas para poder expresarse con liberdade, ao parecer por directrices que partiron do máximo responsable do medio público.

A creación de locais socioculturais comunitarios; o proporcionar servizos á parroquia, dos que non dispón; o mantemento de acceso aos núcleos de poboación; a creación de zonas de esparexemento; a prevención dos lumes forestais así como a xeración de emprego e o desenvolvemento de actividades para a xestión dos seus recursos propios, son algunhas dos importantes labores que desenvolven as comunidades de montes de aí a importancia en manter unha implicación directa dos veciños e a transparencia na xestión, por parte dos seus órganos de dirección.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...