Comeza a conta atrás para o inicio do Entroido en Porto do Son, que repartirá 3.775 euros en premios

28 Febreiro 2025

O Entroido de Porto do Son arrinca este sábado 1 de marzo e achegada actividades até o 5 de marzo, repartindo 3.775 euros en premios. Este sábado 1 de marzo, a partir das 17.00 horas, celebrarase o concurso infantil de disfraces que vén con tres categorías: individual, parellas e grupos. A xornada estará marcada pola música e contará cunha “minirruada” que irá desde a praza de España á carpa da fachada marítima coas nenas e nenos concursantes. Tamén está previsto que se desenvolvan na mesma xornada os espectáculos Canta Música de Pablo Díaz e do Mago Willy Pomper e a Princesa Pomperela. Durante o concurso realizaranse distintas actuacións e no descanso haberá unha sorpresa para o público. No caso de choiva a xornada celebrarase no Pavillón de Santa Irene.

Un día despois, o 2 de marzo, a partir das 17:30 h, celebrarase a foliada choqueira en Porto do Son, organizada en colaboración coa Asociación Sonora. Tamén haberá chocolatada e filloada e A.A.F. Chorimas realizará unha ruada pola vila ata a fachada marítima. A partir das 17.45 horas actuará a agrupación local B.M.T. Suevia e ás 18:.30 h continuará a foliada coa Asociación Sonora.

De xeito paralelo celebrarase a Festa da Filloa en Portosín, organizada en colaboración coa veciñanza de Portosín. Contará con filloada na Praza do Curro.

O luns, 3 de marzo, a partir das 17.00 h, celebrarase o concurso de adultos de disfraces que organizarase en tres categorías: individual, grupo e comparsas. A xornada volverá estar marcada pola música, a diversión e contará cunha ruada que irá desde a Casa da Cultura á carpa da fachada marítima coas persoas concursantes. Tamén terán lugar en Porto do Son as actuacións Little Garden de Pablo Méndez e da Comparsa Os Solfamidas na Carpa. Todo isto presentado por Juan de Troula que será o encargado de elixir o xurado popular ante o público asistente. No caso de choiva a xornada celebrarase no Pavillón de Santa Irene.

O martes de Entroido, 4 de marzo, haberá inchábeis desde as 16.30 ata as 2030 horas no Polideportivo Santa Irene. Por último, o Mércores de Cinza, 5 de marzo, celebrarase o Enterro do Felipiño, a partir das 19.30 h no Acompañamento do Defuntiño.

As persoas interesadas poderán inscribirse, ata o vindeiro 26 de febreiro, de xeito presencial no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica municipal. As bases e os formularios de inscricións poderán descargarse a través da páxina web do Concello. Non se admitirán inscricións fóra de prazo, nin se realizarán inscricións a pé de concurso.

Máis de 3.700 euros en premios

Para ambos os dous concursos establécense premios que ascenden a 3.775 euros distribuídos da seguinte maneira:

– Grupo Infantil: 150 € (1º premio), 75 € (2º premio), 50 € (3º premio).

– Parellas Infantil: 100 € (1º premio), 60 € (2º premio), 40 € (3º premio).

– Individual: 70 € (1º premio), 50 € (2º premio), 30 € (3º premio).

– Raíña: 100 € e Rei: 100 €

– Comparsas adulto: 800 € (1º premio), 500 € (2º premio), 300€ (3º premio).

– Grupo adulto: 500 € (1º premio), 300 € (2º premio), 200 € (3º premio).

– Individual adulto: 200 € (1º premio), 100 € (2º premio), 50 € (3º premio).

Outros artigos

O Pleno de Noia reproba ao alcalde pola xestión da Praza de Abastos

O Pleno do Concello de Noia aprobou unha nova reprobación ao alcalde Santiago Freire. A moción, impulsada de forma conxunta pola oposición —PSdeG-Noia, Marea Cidadá de Noia, BNG e o concelleiro non adscrito—, contou incluso co apoio de NO.I.A (Noieses Independentes...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

Se contaran e anotaran os roubos sacrílegos perpetrados nos últimos séculos deberíanposuír unha extensa libreta de dimensións considerables, tan grandes como a listaxe dosnomes, dos topónimos e dos obxectos. E, quen rouba ou para quen rouba? Hai quen roubao perdón, o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.