As rúas de Aguiño enchéronse de veciños para reclamar a cobertura “inmediata e permanente” das dúas prazas de medicina familiar no centro de saúde. Cidadáns, representantes políticos e integrantes da plataforma sanitaria uníronse nunha marcha que partiu desde o propio ambulatorio, portando pancartas con consignas como “Por unha atención primaria digna non Barbanza” e “Médicos 100 %”. O percorrido atravesou a vía Francisco Lorenzo Mariño e continuou pola rúa Castelao, regresando finalmente ao centro de saúde, onde se procedeu á lectura dun manifesto.

MANIFESTO POLA ATENCIÓN PRIMARIA EN AGUIÑO CARREIRA
Veciñas e veciños de Aguiño-Carreira, do Barbanza e de toda Galicia:
Hoxe estamos aquí porque esta situación levounos ao límite, (Pausa) porque xa nos fartamos de escusas, (Pausa), porque queremos solucións,(Pausa) porque non imos deixar que nos rouben a nosa Sanidade Pública,(Pausa) pero sobre todo porque estamos dispostos a defender o máis básico, a saúde.
A finais de outubro, en Aguiño, levábamos xa tempo sen unha médica, en situación de baixa laboral sen cubrir, cando a cousa empeorou. O outro médico do centro de saúde de Aguiño Carreira se xubilou. Tras este feito, totalmente previsible para o SERGAS, permanecemos 1 semana sen médicos no centro! Non enviaron a ninguén! O QUE ENVIABAN ERA AS PERSOAS QUE PRECISABAN ATENCIÓN AO CENTRO DE RIBEIRA!!!(Pausa)
Coñecedores de tal situación, a veciñanza decidimos concentrarnos diante no centro. Cando souberon da mobilización social enviaron unhas horas un médico durante días salteados. As persoas dos nosos pobos xuntámonos e decidimos concentrarnos todos os venres diante do Centro de Saúde para esixir a cobertura do persoal médico ao 100%. Eso fixo que enviaran unha médica do Centro de Saúde de Ribeira a tempo completo, deixando aos
nosos veciños de Ribeira en máis precaria situación.
Neste intre unha única profesional que ten que asumir a atención de toda a veciñanza. Soa fronte a unha carga de traballo que debería estar repar da con outro profesional.
Trala decisión da veciñanza de recoller sinaturas, acudir a Consellería, organizar unha manifestación e incluso, acudir ao Parlamento de Galicia, comezaron a enviar unha segunda médica horas soltas.
En reunión co Conselleiro de Sanidade Antonio Gómez Caamaño, comprometeuse a que o centro non se vai pechar como lle ocurreu a Cabo de Cruz e Taragoña. Faltaría máis!!!(Pausa) Pero, que ocorrería se non nos chegamos a concentrar diante do centro de saúde???, ao principio NON ENVIARON A NINGUÉN!!! Da que pensar…
Tampouco se amosou moi firme coa necesidade de contar con dous médicos. Señores xestores,(Pausa) Aguiño atende 1800 persoas. Para recibiren unha atención de calidade precísanse DOUS MEDICOS!!! Facelo con un profeional suporía sobrecarga e deterioro da atención. Non faltan médicos, marchan porque non poden traballar de forma adecuada. Non é que non hai médicos, NON SABEN RETELOS!(Pausa). Levan anos ofrecendo contratos
precarios, salarios indignos e sobrecarga e traballo. Esto leva a que moitos emigren, están un lugares onde son máis respetados e valorados. Levan 15 anos xes onando a Sanidade Pública (dende 2009), para deixala no estado actual. (Pausa) Somos nós quen sufrimos as consecuencias non eles con seus grandes salarios.
Señor Conselleiro, aquí estamos centos de persoas que lle piden unha atención humanizada,(Pausa) segura,(Pausa) accesible, (Pausa) domiciliaria,(Pausa) próxima(Pausa) e equita va. Estas verbas están en moitos dos seus plans, mais deben converterse en feitos coa adecuación dos recursos, en especial dos humanos.
O que vivimos en Aguiño é unha mostra das polí cas de abandono da Sanidade Pública por parte da Xunta de Galicia. Durante anos a Atención Primaria sofre dun abandono maior se cabe.
Presupostos por debaixo das necesidades, unha xes ón centrada en recortes, en despres xiar, deteriorar e desmantelar a Sanidade pública, en maltratar aos profesionais sanitarios e en favorecer aos seguros privados. Por non falar das demoras para as citas cos especialistas, as probas diagnós cas ou para as ciruxias.
Queremos profesionais que poidan traballar a gusto, cos recursos e o tempo necesarios para a atención de calidade que merecemos. Queremos solución a un problema que nos non creamos. E se non son quen de solucionalos, dimitan, vaianse.
Mentres agardamos dende outubro do 2024 por unha solución defini va, hai persoas en Aguiño-Carreira que teñen que esperar 1-2 semanas para ser atendidas por un médica de atención primaria.
ATA CANDO VAN CONSENTIR TREMENDO DESPROPÓSITO??
Sabemos que se non loitamos polo noso, ninguén o vai facer por nós. Se aceptamos aguantar cun médico só, xa non haberá volta atrás. Se permi mos que sigan facendo da Sanidade Pública un servizo de Segunda, estaremos abrindo a porta a que nos digan que a única solución é pagar pola nosa saúde.

AGUIÑO QUERE MÉDICOS!! AGUIÑO QUERE MÉDICAS!! ¡XA ABONDA!
Non imos consen r que sigan xogando coa nosa saúde. Non imos aceptar que sigan recortando mentres nós pagamos as consecuencias.
Sr. Conselleiro, exisimos: – A cobertura inmediata e permanente das dúas prazas de Mediciña Familiar no Centro de Saúde de Aguiño. Non queremos
máis solucións temporais. Queremos estabilidade, queremos garan as.(Pausa) – Un compromiso firme por parte do Sergas para que esta
situación non se volva repe r. Non aceptaremos máis desinterese máis desleixo, máis recortes agochados
– Un cambio radical na xes ón da sanidade no Barbanza.
Queremos máis profesionais, máis medios e máis compromiso coa atención primaria.
Chega de abandono!
Abonda de escusas!
¡Aguiño esixe médicos xa!
Non imos calar. Non imos rendernos. Se non nos escoitan hoxe, volveremos mañá, e pasado, e todas as veces que faga falta.
Porque o noso dereito á sanidade non se negocia.
¡SANIDADE DIGNA PARA TOD@S!
Tamén para os nosos veciños de Ribeira.
RIBEIRA QUERE MÉDICAS! RIBEIRA QUERE MÉDICOS!
Xuntémonos todas e todos!
AGUIÑO QUERE MÉDICAS!
AGUIÑO QUERE MÉDICOS