Boiro acolle este domingo 2 marzo o Campionato Galego de Remo Ergómetro

25 Febreiro 2025

O Concello de Boiro acolle o vindeiro domingo 2 de marzo o Campionato Galego de Remo Ergómetro, que se vai desenvolver no Pavillón da Cachada. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación da proba xunto co presidente do Club, Luís Piñeiro, e Gustavo Vázquez, membro da Federación Galega de Remo.

No recinto instalaranse 40 ergómetros para a competición, que dará comezo ás 9.30 horas e se prolongará ata as 17.00 horas da tarde. “Este campionato vai permitir achegar a modalidade do remo tamén ao centro de Boiro e vai servir de estímulo para os deportistas e clubs”, afirmou Gustavo.

As inscricións pechan esta noite e estimase que participen uns 500 deportistas, 100 deles do Club de Remo Cabo de Cruz. “Quixemos este ano optar por traer esta modalidade innovadora e moi positiva para a actividade do club”, recoñeceu Luís Piñeiro.

O concelleiro de deportes, Marcos Fajardo, convidou á veciñanza a presenciar esta modalidade do remo o vindeiro domingo: “trátase dunha actividade moi novidosa e que se celebra por primeira vez en Boiro”.

Outros artigos

Choivas e vento marcarán o luns 19 nas Rías Baixas e en Santiago

O luns 19, San Mario, entrará unha fronte fría polo noroeste que se irá desprazando cara ao leste ao longo da xornada. Esta situación deixará ceos nubrados e precipitacións, que serán máis frecuentes e intensas no terzo norte, onde poderán presentarse en forma de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.