Belén do Campo comproba os traballos de mellora realizados no Polígono de Espiñeira, que contaron co apoio da Xunta

14 Febreiro 2025

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou este venres 14 de febreiro o Polígono Industrial Espiñeira en Boiro acompañada polo director territorial da Consellería de Economía e Industria. Isidoro Martínez, do alcalde José Ramón Romero e dos representantes dos empresarios con sede no dito parque. A visita veu motivada para coñecer as actuacións realizadas no complexo empresarial polo Concello e co obxectivo de avanzar na súa posta a punto, que recibiron un apoio da Xunta de case 106.000 euros en total.

Estes traballos permitiron instalar un sistema de seguridade grazas a unha axuda de máis de 46.000 euros e optimizar infraestruturas viarias grazas a outra axuda de case 60.000 euros, que posibilitou renovar un viario secundario do polígono de 680 metros, pavimentando as beirarrúas que quedaron sen executar en anteriores actuacións e saneando diversos tramos deteriorados.

A delegada da Xunta explicou que esta liña de axudas “contribúe a apoiar aos concellos galegos e pretende ser, ademais, un impulso para a captación de investimentos en Galicia e para a mellorar a competitividade das nosas empresas”.

Belén do Campo lembrou que esta orde da axudas repartiu, o ano pasado, na comarca do Barbanza máis de 200.000 euros entre Noia, Boiro (2 axudas) e Rianxo, a provincia da Coruña contou con 1,8 millóns de euros para apoiar a 26 parques empresariais. Os polígonos industriais de Galicia contaron cun orzamento total de 3,5 millóns de euros.

A delegada tamén informou que está aberta a nova convocatoria de axudas por importe de tres millóns de euros para mellorar as infraestruturas dos parques empresariais galegos.

A representante da Xunta subliñou que “queremos seguir dando resposta ás novas necesidades que teñen estas instalacións para modernizalas e ofrecer un mellor servizo para favorecer a fixación e implantación de compañías e promover o emprego local”. A convocatoria manterase aberta ata o vindeiro 7 de marzo.

Os apoios son de concorrencia competitiva e están dirixidos aos concellos galegos que queiran realizar melloras relativas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, infraestruturas viarias, así como servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde.

As axudas teñen unha intensidade do 80% ata un límite máximo de 120.000 euros nos caso de solicitudes individuais e de 138.000 no caso de que sexan conxuntas. Prevense, ademais, anticipos de ata o 25% da axuda concedida.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...