Autorizada a nova convocatoria do Bono alugueiro Mocidade

17 Febreiro 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Consello acordou convocar unha nova edición do “Bono alugueiro mocidade” por un importe de preto de 13 millóns de euros. Tal e como explicou a apertura do prazo de presentación de solicitudes comezará “o vindeiro día 28 de febreiro” e prolongarase durante un mes, é dicir, remata o 28 de marzo.
O obxectivo deste programa é facilitarlles aos mozos e mozas menores de 36 anos o pagamento da renda da súa vivenda habitual cunha axuda de 250 euros ao mes, sempre e cando esta contía non supere o importe que aboan en concepto de arrendamento.
Trátase de facilitarlle o acceso a unha vivenda en réxime de alugamento ou de cesión de uso á xente nova con menos ingresos económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas arrendatarias.
A subvención concederáselles por un período de dous anos, coa posibilidade de recoñecer o dereito á axuda desde o 1 de xaneiro, sempre que o contrato estivese vixente nesa data. Para contratos asinados con posterioridade, concederase desde a data do contrato, sen que poidan concederse con posterioridade ao 31 de decembro do 2026.
Para poder acceder a estes incentivos, Rueda explicou que ademais de “ser menores de 36 anos” no momento de pedir a axuda, os solicitantes deberán dispor dunha fonte regular de ingresos, “acreditar que estes non superan 3 veces o Iprem (25.200 euros)” e certificar que a vivenda en cuestión é a súa residencia habitual, entre outros requisitos. En canto ao importe da renda de alugueiro, non poderá superar os 700 euros nas
cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Pontevedra. No caso dos municipios de Lugo, Ferrol e as contornas da cidades, esas contías máximas oscilarán entre os 600 e 500 euros. No resto dos concellos, a renda de alugueiro das vivendas non poderá exceder os 400 euros. Inclúese o cadro do importe da renda mensual de alugamento.
Antecedentes
O Real decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o Bono alugueiro mocidade e o Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 prevén que o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana lles transferirá fondos ás comunidades autónomas, que son as encargadas da convocatoria e xestión da axuda.
Así, a Xunta publicou en xuño do 2022 a convocatoria das subvencións do Programa de bono alugueiro mocidade, cunha dotación de 22,8 M€, a metade para 2022 e a outra metade para 2023. Baixo esta convocatoria concedéronse 5.253 axudas e esgotouse o orzamento.
A nova convocatoria
Na Conferencia Sectorial de Vivenda e Axenda Urbana convocada polo Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana o 3 de outubro do ano pasado acordouse, por unanimidade, unha nova distribución entre as comunidades autónomas dos fondos do bono alugueiro mocidade, e o Ministerio negoues a atender a solicitude de modificar o real decreto que establece as bases para evitar os problemas da convocatoria de 2022,
na cal quedaron sen axuda persoas que cumprían os requisitos.
A realización no mes de outubro da conferencia sectorial fixo imposible realizar a convocatoria da axuda en 2024, que sería factible de se ter realizado esta a comezos de ano. Deste xeito, a distribución de fondos foi aprobada polo Consello de Ministros o 15 de outubro, e posteriormente pola Conferencia Sectorial de Vivenda e Axenda Urbana.
Este fondos foron liberados en decembro de 2024, o que posibilita que agora a Xunta lance esta nova convocatoria de axudas, que sairá publicada cunha dotación de case 13 M€. Dese total, 11.400.000 euros corresponden á nova achega do Ministerio e resultaser exactamente a metade do asignado en 2022.
A Xunta complementará eses fondos, ata acadar os preto de 13 M€, coa achega de 1.554.936 euros do remanente da convocatoria de 2022. Estes fondos corresponden a renuncias de adxudicatarios que finalmente non presentaron as xustificación correspondentes para o seu cobramento, polo que agora se incorporarán nesta nova convocatoria, autorizada hoxe no Consello da Xunta.
Rueda indicou que o Goberno galego lamenta a tardanza na transferencia estatal do crédito desta convocatoria, que ademais é insuficiente, tendo en conta que se “corresponde coa metade do asignado en 2022”, é dicir, tan só 5,7 M€ cada exercicio.

Importe da renda mensual máxima
Zona territorial


Prezo máximo superior

-700 €; A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Pontevedra.
Municipios de zona territorial 1.

-600 €
Ames, Arteixo, Cambre, Carballo, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros e Ribeira.
Lugo.
A Estrada, Cangas, Lalín, Marín, O Porriño, Ponteareas, Redondela e Vilagarcía de Arousa

-500€
Ares, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cedeira, Cee, Fene, Melide, Mugardos, Neda, Noia, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Sada e Teo.
Burela, Cervo, Chantada, Foz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro.
Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia.
Baiona, Bueu, Cambados, Gondomar, O Grove, A Illa de Arousa, Moaña, Mos, Nigrán, Poio, Pontecesures Sanxenxo, Tui e Vilanova de Arousa

Municipios de zona territorial 2
400 € O resto de concellos de Galicia.

    Outros artigos

    Publicidade

    Revista en papel

    Opinión

    “Adivinado la profesión”. Manuel Dominguez

    “Adivinado la profesión”. Manuel Dominguez

    Cierto día un residente y yo nos trasladamos a la capital del imperio, es decir Madrid. Un placentero viaje en tren Al acercarnos a Castilla un hermoso manto de oro embellecía el paisaje, es decir campos de trigo, que tocaban el cielo, hermoso paisaje. Mas allá, me...

    “Recado de escribir para Álvaro Mutis”. Alberto Barciela

    “Recado de escribir para Álvaro Mutis”. Alberto Barciela

    Hasta Cartagena de Indias llegaremos para “entregar ciertos mensajes, disolver ciertas frágiles certezas y dejarnos en el desamparo de inconfesables perplejidades”. Ojalá nuestras palabras, los abrazos en el reencuentro fraternal nos permitan, como la insistente...