“Argentina proba un ano máis a súa capacidade para controlar a captura de pota” – Antón Luaces

11 Febreiro 2025

Non se sabe certamente cantos son os barcos arrastreiros conxeladores que oficialmente faenan en augas exteriores arxentinas. Menos aínda se ten constatado cantos deses barcos faenan en augas interiores dese país austral; máis o certo é que, sendo como son a pescada negra e a lura ou pota especies obxectivo para bo número de pesqueiros, xa non chama a atención que no denominado “buraco azul” -no bordo da milla 200 de augas arxentinas- cada vez sexan máis os barcos que apagan os seus sistemas de localización ou posicionamento -obrigatorio mantelos en marcha en case que todo o mundo mentres navegan ou permanezan   coa máquina acesa- co obxectivo de que as autoridades marítimas e pesqueiras nacionais non os detecten realizando pesca ilegal. 

Eis o motivo polo que, no outono austral, os buques e avións arxentinos se dispoñen a dar a batalla a non menos de 500 barcos internacionais que incrementan a súa actividade nunha campaña que, sendo esencial para os pesqueiros, resulta indispensable para as autoridades e produtores pesqueiros nacionais.      

Dese medio milleiro de barcos que axexan os sistemas de axuda á pesca, moitos deles permanecen con seus mandos atentos aos movementos non das potas e pescada negra, senón dos buques e avións que as autoridades do país mobilizan para contrarrestar as accións depredadoras na milla 201 -fóra da zona marítimo-pesqueira arxentina- e mesmo por dentro desta. Son buques que, nun 72% teñen bandeira chinesa.

 Aínda que en menor medida outras embarcacións presentes na zona fan ou poden facer o  mesmo, segundo os responsables pesqueiros de Arxentina: Son de Corea do Sur (10%), Taiwán (9%) e España (5%), Portugal e outras nacionalidades, na súa meirande parte adicados á pota. No caso español, todos eles galegos, na maioría integrados na estrutura empresarial arxentina, é este un feito que lles permite -como a calquera outro barco nacional- faenar en augas da zona económica exclusiva daquel país. 

A Prefectura Naval Arxentina controla ese territorio para evitar casos de pesca ilegal e depredación dos recursos naturais. Patrullaxe e monitoraxe satelital das embarcacións que chegan á milla 201 son os recursos dos que botan man a cotío os gardapesca arxentinos, que levan anos tentando eliminar esa pesca ilegal da que moitas veces acusaran aos barcos galegos, algúns dos cales chegaron a ser sancionados sen ter probado que incumpriran as normas establecidas internacionalmente.

Outros artigos

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

+

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.