Aprobado pola Xunta o proxecto de conversión en autovía da VAP Brión-Noia

24 Febreiro 2025

Trátase de avanzar no desdobramento do tramo de 9,66 km, desde o remate da autovía Santiago-Brión ata o inicio do tramo Martelo-Noia, actuando no 60 % da lonxitude da vía de altas prestacións VG-1.5 ― Cada calzada disporá de dous carrís de 3,5 metros, que darán continuidade ás
características da vía no tramo Santiago-Brión, e realizaranse modificacións na conexión coa autovía Santiago-Noia para adaptar o trazado existente á nova autovía
.

O Consello da Xunta aprobou o proxecto de trazado da primeira fase da conversión en autovía da vía de altas prestacións (VAP) Brión-Noia. O investimento destinado a esta actuación superará os 29 millóns de euros, incluíndo o pago de 11 terreos necesarios para a execución do tramo de 9,66 quilómetros de lonxitude. Este iniciarase no final da autovía AG-56, Santiago-Brión, e concluirá no tramo Martelo-Noia, supoñendo o 60% da lonxitude total da VAP Brión-Noia, que alcanza os 18,2 quilómetros.

A aprobación definitiva deste proxecto por parte do Executivo autonómico conleva a declaración de utilidade pública, permitindo a urxente ocupación dos terreos necesarios para a execución da obra. A intervención consistirá no desdobramento da vía cara ao lado esquerdo da actual CG-1.5, o que permitirá manter a súa funcionalidade durante as obras. Ademais, na construción inicial da VAP Brión-Noia xa se contemplou esta futura conversión en autovía, realizando movementos de terras e construíndo pasos superiores e inferiores que, na súa maioría, non requirirán modificacións.

O novo trazado incluirá dúas calzadas con dous carrís de 3,5 metros cada unha, beiravías de 2,5 metros no exterior e 1 metro no interior, e unha mediana de 3 metros entre ambas as plataformas, mantendo as características da autovía Santiago-Brión. Así mesmo, realizaranse modificacións na conexión coa autovía AG-56, incluíndo a reconstrución dos noiros na marxe esquerda en dirección a Noia.

O tramo para transformar conta actualmente con dúas ligazóns a distinto nivel, en Urdilde e Martelo, que serán conservados e adaptados ao desdobramento, mentres que o ramal de incorporación en Gundín será eliminado por imposibilidade física de mantemento coa ampliación da calzada. As novas ligazóns estarán situados en Urdilde (km 15+400) e Martelo (km 18+930).

En canto ao viaduto de Naveira, construirase unha estrutura xemelga á existente, reutilizando pilotes xa executados. Esta contará con sete vans de 40 metros de luz e piares octogonales ocos, cun taboleiro de 11,50 metros de ancho.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas convocará o levantamento de actas previas de expropiación e licitará as obras do subtramo Brión-enlace de Urdilde ao longo deste ano, cun prazo de execución de 18 meses. Con esta actuación, o Goberno galego segue apostando por mellorar a conectividade e vertebración do territorio, facilitando comunicacións máis seguras e eficientes para os cidadáns.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.