A Xunta impulsa a difusión dos queixos “Galicia Calidade” en Noia

24 Febreiro 2025

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, participou na Asociación Misela na presentación dunha nova campaña, “Semana Saudable: Unha semana para coñecer os queixos con DOP”, para fomentar o coñecemento dos produtos lácteos entre os máis pequenos. Ana Méndez, destacou a importancia desta acción pedagóxica e divulgativa, que se centra en achegar o mundo dos lácteos ás novas xeracións, resaltando a importancia do noso patrimonio gastronómico.

A catadora de queixos, Salomé Beiroa, guiará dende hoxe ata o venres 28 de febreiro, aos estudantes de catro centros educativos e dúas asociacións de educación especial, situados no concello de Noia, nunha experiencia sensorial que permitirá coñecer a orixe e o proceso de elaboración dos queixos con DOP de Galicia. 

Os alumnos e alumnas participarán nunha serie de actividades nas que aprenderán as diferenzas entre leite cru e pasteurizado ou entre o queixo fresco ou curado, ou as diferentes denominacións de orixe coas que conta Galicia neste eido (San Simón da Costa, Cebreiro, Arzúa-Ulloa e Tetilla).

Como parte da experiencia, faranse catas de queixos de distintas empresas lácteas que posúen o distintivo de Galicia Calidade, como Feiraco, Innolact (Quescrem), Larsa, Leyma Natura, Río de Galicia, Pazo de Anzuxao, Pazo do Queixo, Queixería Barral, Queixería Casleiras, Queixería Daniberto, Queixería Santo André e Quesos Feijoo. A iniciativa tamén conta coa colaboración de Galifresh, que achegará a súa gama de purés de froita, dotada co selo de garantía Galicia Calidade.

Sobre Galicia Calidade

Galicia Calidade, integrada en Turismo de Galicia, é a marca de garantía que certifica a calidade dos produtos e servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou deseño galegos, merezan esta distinción. Na actualidade, conta con máis de 170 empresas adheridas e máis de 880 produtos ou servizos avalados co selo de garantía, que engloban aos sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e de planta ornamental.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.