A Xunta fai seguimento dos areais do Barbanza ante “aparicións puntuais de granulados plásticos en varias praias”

14 Febreiro 2025
Imaxe de arquivo da recollida de granulados do buque Toconao na illa de Sálvora

A Xunta de Galicia informou de que está a realizar un seguimento das praias na comarca do Barbanza para “comprobar o seu estado ante a aparición puntual de bólas plásticas nalgunhas delas“. O Executivo galego di ter constatado “a presenza testemuñal de granulados plásticos de pequenas dimensións nalgúns areais” ao tempo que procedeu a retiralos, polo que se están a realizar visitas sobre o terreo noutras zonas para avaliar a situación e calibrar de xeito global as dimensións deste episodio.

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático ten planificada a visita de arredor dunha vintena de praias nestes días con fin de coñecer o seu estado e determinar se se amplía o radio de acción máis aló da comarca do Barbanza. Trátase, explicou a Consellería, “dunha medida preventiva que ten como fin estar preparados para actuar coa máxima celeridade en caso de atoparse zonas con maior concentración de granulados plásticos”. 

Medio Ambiente engadiu que “en función do resultado desas comprobacións e da magnitude dos feitos, decidirase se é indicado adoptar outras medidas como a posíbel activación do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan CAMGALl) en fase de alerta ou o envío de mostras a laboratorio para determinar se se trata de restos da mercadoría perdida polo buque mercante Toconao fronte ás costas de Portugal en decembro de 2023 ou teñen unha orixe diferente”. O Servizo de Gardacostas de Galicia, pola súa banda, non ten constancia de ningún aviso.

A Xunta apela “á responsabilidade e pide prudencia ante este episodio” á espera de “contar con máis detalles sobre a súa dimensión ao tempo que defende a necesidade de que todas as administracións competentes -Goberno central ou concellos- actúen con dilixencia e informen ao Executivo autonómico en caso de que conten con datos relacionados con esta cuestión”.

 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.