A Pobra estende a programación do Día da Muller a todo o mes de marzo

26 Febreiro 2025

A Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal organizou un amplo programa de actividades ao longo de marzo para conmemorar o Día Internacional da Muller. Segundo a concelleira Estefanía Ramos (Nós Pobra), o obxectivo é “avanzar na igualdade real entre mulleres e homes e rachar coas fendas estruturais que perpetúan as desigualdades de xénero”.

A primeira actividade, o faladoiro “As discordantes”, celebrarase o 7 de marzo no Centro Sociocomunitario e do Benestar ás 18:00 horas. O encontro, coordinado co departamento de Igualdade da Deputación da Coruña, tratará sobre saúde mental e xénero, coa participación da escritora Antía Yáñez, a xornalista Cláudia Morán e a psiquiatra e divulgadora Iria Veiga.

O propio 8 de marzo, haberá unha manifestación que partirá ás 12:30 horas da praza do Alcalde Segundo Durán e finalizará na casa do concello, onde se lerá un manifesto. Ademais, inaugurarase a exposición “Museo da Equidade” nos xardíns de Valle-Inclán, con esculturas do alumnado do CEP Salustiano Rey Eiras inspiradas na obra “Como agua” de Isabel Soler, en homenaxe ás vítimas da violencia machista.

Tamén o 8M, a partir das 10:00 horas, ofrecerase un seminario de defensa persoal feminina no pavillón municipal da rúa de Venecia. Con duración de tres horas, está dirixido a mulleres de 12 a 70 anos. As inscricións pódense realizar na web da Deputación da Coruña ou chamando ao 981 832 764 (ext.6).

O 11 de marzo, ás 16:00 horas, o profesorado e as familias están convocados a un obradoiro de masculinidades positivas no IES da Pobra, impartido por Xosé Cabido. Haberá un servizo de conciliación paralelo para quen o precise.

As Xornadas Muller e Ciencia celebraranse o 15 de marzo no auditorio da biblioteca municipal, de 18:00 a 20:00 horas. As conferencias abordarán a rexeneración do cerebro e a produción de biodiésel con algas mariñas, a cargo de Jannete Rodríguez-Pallares, doutora en Medicina e Ciruxía pola USC, e Xana Álvarez Bermúdez, enxeñeira agroforestal da Universidade de Vigo. Tamén se habilitará un obradoiro de conciliación.

Finalmente, o 26 de marzo instalarase o stand da campaña “Agresión OFF: Eu digo non á violencia sexual” no IES da Pobra. Esta iniciativa, impulsada pola Consellería de Política Social e Igualdade en colaboración coa Fegamp, busca sensibilizar o alumnado sobre a necesidade de erradicar condutas violentas e non igualitarias mediante talleres e actividades lúdicas.

Outros artigos

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.