A peixaría online Fresco y del Mar celebra San Valentín co sorteo dunha mariscada para catro persoas

10 Febreiro 2025

Fresco y del Mar, a peixaría online de Muros que envía marisco e peixe fresco a toda España, lanzou a súa iniciativa para celebrar o San Valentín, este 14 de febreiro, baixo o lema Me tienes pescado. El Fist Dates del Mar. Cun intenso labor creativo en redes sociais, a iniciativa inclúe o sorteo dunha mariscada para catro persoas pola compra do lote do Día dos Namorad@s para dúas persoas Me tienes pescado. O lote inclúe unha selección de marisco galego con centola, navallas, berberechos de Muros, ameixa babosa, polbo cocido, un tarro de sardiña azul en aceite de oliva de Portosín e unha botella de Albariño, e estará dispoñíbel na páxina web ata o 14 de febreiro. “Trátase dun menú pensado para deleitar os sentidos e brindar polo amor”, explican dende a peixería muradá.

Un San Valentín con premio

Explican na empresa que “o máis especial desta promoción é que quen compre a mariscada de San Valentín ou realice unha compra igual ou superior a 150 euros na web de Fresco y del Mar entrará directamente no sorteo dunha mariscada para 4 persoas”, que poderán gozar ao longo de todo o 2025. Desde a empresa consideran que “despois de brindar polo amor hai que brindar pola amizade”; e convidan aos compradores a compartir unha fotografía gozando do marisco galego en parella. Así, en caso de resultar gañadores, podería compartirse esta imaxe nas redes sociais de Fresco y del Mar.

A iniciativa tamén inclúe unha divertida proposta en redes sociais: un xogo interactivo no que os seguidores tentarán adiviñar os produtos do mar dos que se fala a partir de descricións inspiradas en citas de First Dates. Así, Fresco y del Mar busca “conectar unha vez máis co público dunha forma amena ao mesmo tempo que pon en valor o produto sostíbel e de proximidade”.

A peixaría muradá naceu como unha iniciativa para comercializar peixe e marisco procedente da pesca responsábel, é dicir, aquela que emprega métodos artesanais e respecta os ciclos biolóxicos e os tamaños das especies. Neste momento, a compañía é líder na venda online de peixe e marisco fresco desde a Costa da Morte e a ría de Muros e Noia a toda España, garantindo a máxima frescura do produto co envío entre 24 e 48 horas despois da súa captura. Desde as súas orixes, centrou os seus obxectivos en visibilizar o traballo diario das confrarías de pesca artesanal da comarca muradá e das zonas próximas, promovendo exemplos de pesca sustentábel que eviten malas prácticas industriais que esnaquizan o fondo mariño e non respectan as especies protexidas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...