“A imbecilización das redes sociais” – José Luis Calo

04 Febreiro 2025


O mal uso das redes sociais é unha das preocupacións actuais da sociedade, especialmente entre os adolescentes. Xa ninguén dúbida do seu poder, a día de hoxe sobrepasaron todos os ámbitos para coarse en todos e cada un dos aspectos da vida diaria, coa capacidade de influír en calquera decisión. Por iso, as redes sociais xogan un papel importante en política e na nosa mocidade. Os responsables políticos non son alleos á influencia das devanditas redes polo que as utilizan no seu beneficio para influír no proceso de decisión do voto. Cando recibimos demasiada información pola Rede podemos ter un efecto negativo se non é utilizada con moito receo e coidado, xa que non se filtra nada, correndo o risco de imbecilización da poboación. Este mundo das redes está a deixarnos atrapados nun novo período “Xurásico Mental”, deixaremos o razoamento e utilizaremos a nosa cabeza como o Pachycephalosaurus (réptil de cabeza grosa), utilizándoa para resolver as súas diferenzas a cabezazos.

O noso pasado como o noso presente nos achegan pequenas pistas que nos permiten imaxinar como vai encamiñado o noso futuro ante o que estamos a vivir. Un exemplo claro diso pono o New York Times, que informa que “a elección de Donald J. Trump é quizais a mellor ilustración de que en todo o planeta, as redes sociais facilitan chegar dun modo máis directo aos electores e dirixirlles unh mensaxe personalizada”. Co auxe de personaxes
como Trump, nestes momentos a nosa democracia sofre gretas que as marcan múltiples causas, como desigualdade, racismo, desconfianza cara ás
institucións, polarización, o papel dos medios e as redes encabezadas polos xigantes tecnolóxicos, tamén coñecidas como: “xigantes tech”, que son as
maiores empresas tecnolóxicas da industria nos Estados Unidos: Alphabet (Google), Amazon, Apple, Meta (Facebook) e Microsoft. A súa influencia na sociedade aumentou enormemente e desempeñan un papel cada vez máis importante no mundo da política.

Dise que a información é poder, algo que o presidente dos Estados Unidos utilizou moi estratexicamente. Cun discurso marcado por declaracións e accións racistas e xenófobas, prexudicoulle na súa elección? Trump obtivo unha maior proporción de votantes negros e latinos que en 2020, cando perdeu ante o demócrata Joe Biden, e máis notablemente entre os homes menores de 45 anos, segundo AP VoteCast, unha enquisa nacional de máis de 120.000 votantes. Os mozos latinos tamén estiveron máis proclives a Trump, aínda mesturando un discurso autoritario, machista, xenófobo e racista. O discurso do odio transmitido por o presidente foi aceptado aínda estando inzado por debates incendiarios e ameazas. A conclusión é que hai que fomentar unha cultura de respecto e tolerancia, protexendo á nosa mocidade promovendo unha contorna máis segura e positiva nas redes sociais.

“A democracia é o goberno do pobo, polo pobo, para o pobo”. Abraham Lincoln

José Luis Calo é coordinador UCIN Galicia

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...