A fraude do ‘chequevoto’ cultural de Sánchez para mozos. “É un engañabobos”. José Luis Calo

15 Febreiro 2025


En campaña electoral é habitual que os partidos políticos prometan aos seus
potenciais electores unha serie de propostas coa intención de captar o seu voto.
Pero Pedro Sánchez faino sen ningún tipo de decencia. A golpe de improvisación e
de talonario público como no caso do bono cultural, que resultou ser unha
chapuza. Os mozos galegos alertan de trabas na utilización do Bono Cultural. Non
pode dicirse que o Bono Cultural Mozo vaia como unha seda. Innumerables
queixas pola complexidade do procedemento e polos fallos da web habilitada
para realizar o trámite, súmanse as denuncias de mozas co funcionamento do
sistema para que os usuarios utilicen a tarxeta. Os varios intentos en diferentes
comercios nos que se comprobou a imposibilidade de pagar co Bono Cultural
Mozo, denotan dalgunha maneira o fracaso e a «farsa» deste proxecto por parte do
Goberno que parece que só beneficia ás grandes corporacións no canto do
comercio local. Un movemento con dobre finalidade, facilitar o acceso dos
públicos máis novos á cultura e revitalizar e dinamizar a industria cultural, o único
que está a facer é ocasionar incidencias. Os adolescentes que teñen o bono
cultural, non o poden usar case en ningún sitio, todas son trabas , en cinemas,
empresas, etc… O Ministerio ponlles moitas trabas burocráticas aos empresarios
e estes non están polo labor de seguir a estratexia electoral do “gurú Sanchez,
prometer e prometer”. Vai sendo hora de facer políticas que realmente repercutan
no beneficio dos cidadáns. Os agasallos electorais de Pedro Sánchez non
enganan.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.