Medio millón da Deputación no 2025 para técnicos de normalización lingüística de 25 concellos, incluídos Boiro, Muros, Outes, Ribeira e Rois

12 Febreiro 2025
A deputada de Outes, Soledad Agra

A Deputación da Coruña investirá este ano 496.000 euros no programa FONL de subvencións a concellos e outras entidades locais para o financiamento dos gastos de persoal técnico dos Servizos de Normalización Lingüística. Os 25 beneficiarios, que recibirán axudas de entre 18.000 e 20.000 euros, son os concellos de Abegondo, A Baña, A Coruña, Ames, Arzúa, Betanzos, Boiro, Carballo, Carnota, Carral, Dumbría, Fisterra, Melide, Miño, Muros, Narón, Oleiros, Outes, Ponteceso, Pontedeume, Ribeira, Rois e Teo, e as mancomunidades de municipios das comarcas de Ferrol e de Ordes.

“Esta liña, dunha área pouco atendida noutras institucións públicas que teñen a posibilidade de lexislar”, salienta a deputada de Lingua, Sol Agra, “é moi importante no noso departamento, e unha ferramenta indispensábel para mellor a situación do galego, que hoxe en día está nunha conxuntura de evidente desigualdade social, na que a produción cultural, científica e comercial realizada na nosa lingua atopa grandes dificultades para se poder desenvolver con normalidade no país”.

Para Agra, “un bo persoal técnico non só resolve dúbidas e mellora a calidade lingüística e comunicativa da administración, senón que nos asesora en todo o relacionado coa política lingüística na procura do incremento do uso e prestixio do galego”. “Tamén”, engade, “no deseño de programas dinamizadores e accións concretas que conciencien a sociedade respecto ao uso e prestixio do noso idioma”. “É, ademais, é fundamental na boa colaboración da Deputación con outros concellos á hora de planificar e executar accións de normalización conxuntas”.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.