A Comunidade de Montes de Baroña acollerá o 3º encontro aberto do Laboratorio Ecosocial para impulsar unha comunidade enerxética no Barbanza

13 Febreiro 2025

O vindeiro mércores 19 de febreiro, o local da Comunidade de Montes de Baroña en Porto do Son acollerá o terceiro encontro aberto sobre a creación dunha comunidade enerxética no Barbanza. O evento, enmarcado na acción 1 do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (a través do CISPAC e do grupo de investigación HISTAGRA) en colaboración co Observatorio Eólico de Galicia (OEGA).

O encontro estará coordinado por Xavier Simón, catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo e representante do OEGA, quen compartirá a súa experiencia sobre a transición enerxética e o desenvolvemento sostíbel no medio rural. A sesión incluirá un espazo de diálogo participativo, no que se analizarán as posibilidades dunha xestión máis eficiente e colaborativa dos recursos enerxéticos locais.

O obxectivo é implicar a toda a comunidade local, incluíndo administracións, empresas e asociacións da comarca, para avanzar na creación desta iniciativa enerxética comunitaria. Ademais, a xornada servirá para introducir o concepto de cidadanía enerxética na zona de Baroña e se abordarán as posibilidades de implantación deste modelo na comunidade, co obxectivo de potenciar a economía local e mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Con este terceiro encontro, o Laboratorio quere consolidar o seu compromiso coa transición enerxética do Barbanza. “Estas iniciativas marcan o inicio de alianzas que permitan sentar as bases para un modelo enerxético baseado na cooperación, no coñecemento compartido e no aproveitamento racional dos recursos locais”, sinalaron fontes do Laboratorio.

Unha chamada á participación activa

O Laboratorio fai un chamamento á participación de toda a comunidade local, incluíndo administracións, empresas e asociacións da comarca, para avanzar na constitución desta iniciativa
enerxética comunitaria. O obxectivo é construír un modelo de xestión sustentábel que favoreza tanto a autosuficiencia enerxética como o desenvolvemento sostible do territorio.

Mércores 19 de febreiro ás 19.30 h

Local da Comunidade de Montes de Baroña, Porto do Son

Igrexa, 20, 15979 Porto do Son, A Coruña

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.