A ABE entregou cinco caixas de doces entre os clientes dos establecementos adheridos para “celebrar o amor”

14 Febreiro 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) finalizou con éxito a súa campaña especial de San Valentín, premiando a fidelidade dos clientes co sorteo de cinco exclusivas caixas doces, elaboradas especialmente para a ocasión. O sorteo realizouse este 13 de febreiro ás 12.00 horas na sede da patronal boirense, e as persoas afortunadas recibiron este venres 14 de febreiro o seu premio xusto a tempo para celebrar esta data tan especial.

As persoas gañadoras do sorteo resultaron ser Gabriela Ruth Ross, por unha compra en Frutas Reyjosa; Marco Lorenzo González, por unha compra na Xoiería Teixeira; Joaquín Rodríguez Muñiz, por unha compra en Comercial Duarte; Sandra María Pérez Piñeiro, por unha compra en Deportes Brincos; e Laura Redondo Sanisidro, por unha compra en A Panoleta.

A ABE contactou cos gañadores o mesmo día do sorteo, e a entrega dos premios realizouse o 14 de febreiro, permitindo que as persoas premiadas puideran sorprender a alguén especial ou desfrutar eles mesmos destas deliciosas caixas.

Cada unha das cinco caixas contiña:

-Mini torta de stracciatella con biscoito de chocolate e ganache de chocolate branco.

-12 queixiñas: tortas de queixo súper cremosas en tartaleta de galleta de manteiga con coberturas de Kinder, Oreo, chocolate branco e framboesa.

-4 Macarons de chocolate tropical con ganache de chocolate, mango e marmelada de maracuiá,

formando a palabra “LOVE”.

-Unha galleta de manteiga con impresión en papel de azucre comestíbel co lema #somosboiro.

Unha campaña para premiar a fidelidade

A campaña, que se desenvolveu entre o 3 e o 13 de febreiro, permitiu aos clientes dos negocios asociados á ABE participar no sorteo rexistrando os seus tíckets de compra na web www.abe.gal.

En total, rexistráronse 1.183 tíckets de compra 150 mais que na campaña de San Valentín do pasado ano que ademais tivera 2 días mais de duración o que supón novo récord da campaña.

A ABE destacou tamén o efecto incentivador da campaña xa que os 1.138 rexistros nos 11 días da campaña superan en 375 os rexistros dos 11 días anteriores á súa celebración feito que da medida do impacto da iniciativa de promoción nas vendas dos negocios (un 32% de incremento)

Dende a patronal boirense agradeceron a participación de todos os clientes e a colaboración dos comercios que fixeron posíbel esta campaña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Adivinado la profesión”. Manuel Dominguez

“Adivinado la profesión”. Manuel Dominguez

Cierto día un residente y yo nos trasladamos a la capital del imperio, es decir Madrid. Un placentero viaje en tren Al acercarnos a Castilla un hermoso manto de oro embellecía el paisaje, es decir campos de trigo, que tocaban el cielo, hermoso paisaje. Mas allá, me...

“Recado de escribir para Álvaro Mutis”. Alberto Barciela

“Recado de escribir para Álvaro Mutis”. Alberto Barciela

Hasta Cartagena de Indias llegaremos para “entregar ciertos mensajes, disolver ciertas frágiles certezas y dejarnos en el desamparo de inconfesables perplejidades”. Ojalá nuestras palabras, los abrazos en el reencuentro fraternal nos permitan, como la insistente...