Segundo os datos achegados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), as persoas
ocupadas (traballadoras) en 2024 superaron os vinte e un millóns, unha cifra que se
pensaba inalcanzable, pero que aí está, para darlle lustre á acción dos responsables de crear
emprego. En base a estes datos oficias, presentados con bombo e pratos sonoros, e cun par
de simples operacións, calquera pode ver o enorme gasto na redución de media hora de
traballo cada día.
Un xestor autónomo co seu lapis de carpinteiro na man dereita e unha táboa pulida
suxeitada coa esquerda, facía as contas desta maneira: Con once meses de traballo cada ano
e vinte e dous días laborables ao mes, cada traballador reduciría 120 horas por ano e os
vinte e un millóns de traballadores reducirían 2.520 millóns de horas.
Moitos cartos. Se se valora unha hora de traballo a dez euros, serían 25.200 millóns de
euros cada ano, unha cifra que fai calar a calquera, mentres repenican as campás de tódalas
igrexas, co seu badalo pendurado; zoa o vento do sur e bruan os bois de pura raza galega,
alí, na corte do medio.
Quen pretende reducir a xornada laboral está buscando animadoras para a distracción,
entretemento e diversión delas e deles. Efectivamente hai que proporcionar á cidadanía
preparación adecuada para o consumo de ocio, para ter algo que facer, para aguantar as
ganas de tirar e seguir tirando para adiante, sen derrubarse nas proximidades de cadaquén,
no foso escuro onde caen os parados, os que traballan e non gañan, os fixos descontinuos,
os que buscan pan e salario, os que pretenden encher o tempo con actividades de tempo
libre.
Ao parecer, no ano 2023, a xuventude destinou algo más dun terzo do seu orzamento a
partidas relacionadas con desprazamentos, tempo libre e ocio, moito más que á cultura. O
informe do Banco de España indica claramente que a riqueza neta por parte da mocidade é
menor que a dos seus homólogos de xeracións anteriores.
Pero o traballo é traballo e as axudas ou subvencións, como di a Tía Manuela, “son pan para
hoxe e fame para mañá”. A sociedade debería defender e seguir o ditame da Organización
Internacional do Traballo (OIT), impulsar a xustiza social e promover o traballo decente, os
salarios xustos e protección social para todos.
“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López
En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...



