Xoves 23, teremos tempo seco con ceos abertos e descenso das mínimas

22 Xaneiro 2025

Este xoves, San Ildefonso, Galicia estará baixo a influencia transitoria das altas presións, o que propiciará unha xornada de tempo seco. A primeira hora do día, espéranse nubes baixas e bancos de néboa no interior, que irán disipándose para dar paso a ceos maioritariamente despexados.

As temperaturas mínimas rexistrarán un moderado descenso, mentres que as máximas permanecerán sen cambios significativos.

En canto ao vento, soprará frouxo e de dirección variable durante a mañá, para virar cara ao suroeste co avance do día. Pola tarde manterase frouxo, pero intensificarase pola noite con intervalos fortes nas zonas costeiras entre Fisterra e Estaca de Bares.

A xornada preséntase favorable para actividades ao aire libre, especialmente a partir do mediodía, cando os ceos estarán máis abertos e a néboa matinal se disipará.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do norte á tarde e do sudoeste á noite, forza 3 a 5 á mañá, 1 a 3 á tarde e 4 a 5 á noite. Marusía á mañá, mar ovellado á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste á mañá e á tarde e noroeste á noite, con ondas de 1.5 a 2 metros á mañá, 1 a 1.5 metros á tarde e 1 a 2 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.