Xoves 2 de xaneiro, ceos cubertos e chuvias intermitentes durante a xornada

01 Xaneiro 2025

Galicia, entre borrascas e altas presións: ceos cubertos e chuvias intermitentes durante a xornada.

Galicia permanecerá este xoves nunha situación intermedia que deixará ceos cubertos en toda a Comunidade, con chuvias intermitentes máis probables na costa da nosa comarca ao longo do día.

A situación empeorará a partir da noite, cando as precipitacións se intensifiquen e se estendan ao resto do territorio galego. As temperaturas mínimas rexistrarán un moderado ascenso, mentres que as máximas permanecerán sen cambios significativos.

O vento soprará do suroeste con intensidade moderada, chegando a ser forte en puntos do litoral. As condicións meteorolóxicas mantéñense inestables, polo que se recomenda precaución nas zonas costeiras e ante a posibilidade de chuvascos intensos.

meteogalicia

O prognóstico do tempo adianta choivas para os próximos días:

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do sur á tarde e do sur á noite, forza 4 a 6 á mañá, 4 a 5 á tarde e 5 a 6 á noite. Forte marusía. Visibilidade regular. Mar de fondo do oeste á mañá e á tarde e sudoeste á noite, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e 2 a 3 metros á tarde e á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.