“Xornada laboral” – José Manuel Pena

16 Xaneiro 2025

A conciliación da vida familiar e laboral é cada vez máis interesante para a maioría de traballadores, de aí a importancia que ten a redución da xornada laboral e que ademais é unha tendencia xeneralizada na Unión Europea.

O artigo 34 do Estatuto dos Traballadores, sinala que a xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo. Agora, en España, preténdese reducir a xornada semanal, como xa ocorre noutros moitos países europeos como Alemaña, Países Baixos, Dinamarca ou Bélxica. O exemplo deses países demostrou que cunha boa organización empresarial, traballando menos horas xérase unha maior produción.

Ser produtivo é saber organizar as túas responsabilidades e ter a disciplina necesaria para seguir o establecido, para iso en España é necesario un cambio radical de mentalidades. Esa, é a materia pendente nas relacións laborais xa que a redución da xornada laboral non vai supoñer ningún tipo de prexuízo para as empresas senón todo o contrario. Ademais, na maioría dos convenios colectivos, xa se establecen xornadas de traballo inferiores á establecida no propio Estatuto dos Traballadores.

Recordo, hai algúns anos, cando a Consellería de Pesca da Xunta de Galicia quixo decretar o descanso semanal para as fins de semana, moitos armadores puxeron o berro no ceo e prognosticaban o principio do fin da actividade pesqueira de baixura. Non foi así, evidentemente, xa que as causas da crise pesqueira non era a redución da xornada ou o descanso semanal senón a maneira na que se explotaban os recursos pesqueiros e marisqueiros. Aquí as empresas pensaban unicamente nos seus propios beneficios sen sopesar que os traballadores necesitaban tamén estar coas súas parellas e fillos, polo menos dous días á semana, que non era moito pedir.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...