Villares e o empresariado Mar-Industria compartiron na sede de JEALSA medidas para impulsar o sector

16 Xaneiro 2025

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, mantivo este xoves 16 de xaneiro en Boiro un encontro de traballo coa comisión Mar-Industria da Confederación de Empresario de Galicia (CEG) na que abordaron diferentes propostas fronte aos retos actuais do conxunto do sector pesqueiro e da súa industria da transformación.

Na reunión, que tivo lugar nas instalacións da compañía JEALSA, o responsábel autonómico fixo balance do traballo realizado polo Goberno galego en favor dunha actividade estratéxica para a economía galega da que dependen ao redor de 50.000 empregos directos e que representa o 5% do PIB e cunha facturación de 9.000 millóns de euros.

Así, o titular de Mar puxo en valor “a entrada en vigor da modificación da lei de Portos que permite a ampliación dos prazos de vixencia das concesións asentadas en terreos portuarios de titularidade autonómica, chegando ata os 75 anos no caso das empresas con actividade estratéxica para os portos”. Tamén resaltou a lei do Litoral de Galicia que, segundo dixo, “ofrece maior seguridade xurídica para o desenvolvemento de actividades vencelladas ao sector pesqueiro e a industria da transformación dos seus produtos”.

Asemade, reivindicou o compromiso da Consellería co impulso do consumo dos produtos pesqueiros, mediante iniciativas comoGalicia sabe aMar, e destacou aimportancia de tomar máis accións neste ámbito que, ademais de incidir na calidade e sabor destes alimentos, “tamén poñan o foco na saúde e benestar dos consumidores resaltando as propiedades dos produtos do mar que contan con calidades nutritivas excepcionais que permiten previr enfermidades e doenzas”.

Por outra banda volveu a reclamar unha maior implicación do Goberno central con campañas propias e esixiu “a súa rectificación á negativa de rebaixar o IVE a estes alimentos”.

Ademais, Alfonso Villares destacou as diferentes liñas de axudas despregadas polo Goberno galego que teñen como obxectivo afondar na modernización e sostibilidade do sector, impulsando a innovación e a utilización de novas tecnoloxías, coa finalidade de gañar competitividade nunha actividade que consolidou nos últimos anos a súa faceta exportadora alcanzando no 2023 a cifra récord de preto de 2.800 millóns de euros en vendas ao exterior.

As propostas da CEG

Os representantes da CEG explicaron que o sector pesqueiro en Galicia enfronta varios retos que afectan directamente a pescadores, armadores e industrias relacionadas, con importantes implicacións económicas e sociais. “A falta de remuda xeracional é outra preocupación clave, xa que aproximadamente o 30% dos pescadores está en idade de xubilación, o que pon en risco a continuidade das actividades pesqueiras”, sinalaron, salientando a conveniencia de impulsar iniciativas conxuntas con outras comunidades ou a nivel estatal para incrementar o consumo de peixe, “dado que se trata dunha cuestión que afecta máis aló de Galicia”. Tamén propuxeron estudar campañas de sensibilización para fomentar o consumo de produtos locais e explorar vías para reducir a carga fiscal sobre o sector.

Sobre a redución da produción nas rías galegas, combinada co aumento da entrada de produto estranxeiro, “que se vai asentando cada día máis”, sinalaron que afecta gravemente á competitividade e sustentabilidade do sector. “Máis aló da dispoñibilidade de subsidios temporais, necesitamos identificar medidas que impulsen a recuperación da produción. Sería útil discutir as posíbeis estratexias da Xunta para afrontar este desafío e as prioridades específicas que se marcaron neste ámbito”, explicaron.

Neste sentido, insistiron na necesidade de “unha maior interlocución a nivel técnico cos diferentes sectores para traballar de maneira conxunta e continua na identificación das causas e sobre todo na posta en marcha de medidas que contribúan á mellora da produción e en definitiva á reactivación do sector”.

Respecto diso da Lei do Solo de Galicia, sinalaron que a normativa actual dificulta a legalización de instalacións situadas na franxa dos 100 metros de servidume, “o que supón un obstáculo para moitas empresas do sector”. Por iso, sinalaron que “revisar estes artigos é fundamental para garantir a continuidade das actividades de transformación de produtos pesqueiros e de acuicultura”.

Outros artigos

Sábado 8, unha borrasca traerá máis nubes e orballo a Galicia

Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha borrasca situada ao oeste, que achegará unha fronte cálida ao longo do día. A xornada comezará con intervalos de nubes e claros, pero as nubes irán en aumento, podendo deixar algúns orballos na fachada atlántica. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O forno de leña”. Luís Celeiro

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...