Venres 10, continuamos baixo a influencia das borrascas atlánticas

09 Xaneiro 2025

Precipitacións persistentes e localmente fortes nas provincias de A Coruña e Pontevedra nas últimas horas do día.

Este venres permaneceros baixo a influencia das borrascas atlánticas, marcadas polo paso dunha fronte activa que traerá inestabilidade. Espérase unha xornada de ceos cubertos con chuvias febles, especialmente na franxa atlántica durante as primeiras horas do día. Co paso do tempo, as precipitacións iranse estendendo e intensificando ao resto do territorio, sendo localmente fortes na metade oeste.

En canto ás temperaturas, non se prevén cambios significativos, mantendo valores similares aos días anteriores. O vento soprará moderado do suroeste, aínda que con intervalos fortes no litoral comprendido entre Bares e Fisterra.

A inestabilidade continuará dominando o panorama meteorolóxico, polo que se recomenda precaución ante as condicións adversas, especialmente nas zonas costeiras.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e á tarde e do oeste á noite, forza 4 a 5 á mañá e á tarde e 3 a 4 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e mala á tarde. Mar de fondo do oeste, con ondas de 3 a 4 metros.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

A Volta de Gloria preséntase en FITUR

A Volta de Gloria, o primeiro itinerario cultural e paisaxístico circular baseado en dúas Rutas Xacobeas (o Camiño de Fisterra Muxía e o Camiño da Ría de Muros Noia), fixo a súa presentación este venres 24 de xaneiro oficial en FITUR, a feira turística estatal de...

+

Sábado 25, marcado por chuvascos, frío e neve en cotas altas

Tras o paso dunha fronte durante a madrugada, Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha masa de aire frío, que deixará ceos parcialmente cubertos e precipitacións intermitentes ao longo da xornada. Os chuvascos serán máis frecuentes durante a mañá, con...

+

Ambar anuncia as últimas prazas da Formación de Cociña e Pastelería

O 17 de febreiro comezará no Centro de Recursos da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional a formación de Cociña e Pastelería dirixida a persoas con diversidade funcional.Os Requisitos para inscribirse son: Ter unha diversidade igual ou superior ó 33%....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

““Dictador perpetuo”. José Luis Calo Gonzalez

““Dictador perpetuo”. José Luis Calo Gonzalez

José Luis Calo González. Coordinador UCIN GaliciaQue é un real decreto “ómnibus” e cando recorren a el as administracións.Chámaselle así aos decretos lexislativos que agrupan diversas medidas oureformas de diferentes ámbitos, permitindo a súa aprobación conxunta,...