“Velaí Herminia con vento afuracanado, choiva a esgalla, sarabiadas e posibles nevaradas”. Antón Luaces

26 Xaneiro 2025

Herminia é nome de muller e chega hoxe ao litoral coruñés coa alerta vermella por temporal costeiro emitida pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet). Previamente a esta alerta, a franxa costeira da provincia da Coruña xa se veu azoutada por forte vento e mar de vento que fixo que a frota pesqueira amarrara en practicamente todos os portos galegos.

 Este forte temporal terá, segundo as previsións meteorolóxicas, unha especial incidencia na costa coruñesa dende as oito deste serán ata a media noite, se ben debe evitarse o achegamento das persoas á costa durante toda a xornada, o luns inclusive, por ondaxe que pode acadar altura de ata 10 metros. Por este motivo Aemet solicita especial atención na costa mais tamén por mor da choiva intensa. Alerta laranxa por choiva no resto da provincia. O mar seguirá mañá, luns, mantendo esa situación que impedirá o desenvolvemento normal da actividade pesqueira e marisqueira. Esta choiva de carácter tormentoso pode trocar en sarabiadas, baixando a cota de neve ata os 800 metros. A alerta vermella é válida para o luns na zona costeira.

Dada a experiencia acumulada o pasado outono coa DANA rexistrada nas comunidades de Valencia, Cataluña, Andakucñia e Castela-A Mancha non sorprende a ninguén que o vento (que pode superar os 100 quilómetros á hora) e a choiva intensa fagan que Aemet promovera a suspensión da actividade deportiva ao aire libre, con indicación especial para que se estremen as precaucións e medidas de protección. O vento pode acadar o grao de furacán na franxa da provincia coruñesa, polo que se decreta a alerta vermella (perigo estremo) e ondaxe mariña provocada por ese vento. 

“Herminia” pode causar moito dano na costa polo que se debe evitar achegarse á  beiramar. 

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...