“Váise un Super no martes e queda para sempre un Piñeiro na TVG”. Antón Luaces

22 Xaneiro 2025

Se houbo ata hoxe un home recoñecido na televisión galega como un dos máis populares presentadores de programas (xunto con X.R. Gayoso), este foi Xosè Manuel Piñeiro, profesional cun gran carisma primeiro na radio e posteriormente na tele, que aportou ao audiovisual un modo de facer que o identificaba e que non todo o mundo acada porque, sen dúbida, marcaba co seu carimbo persoal cada un dos produtos que ofrecía ao público.

Piñeiro foi o pai e a nai do programa “Supermartes”, polo que os espectadores da TVG

 o rebautizaron “Superpiñeiro”, sobrenome que revalorizou o ser específico do presentador que, no ano 2020, recibía da Xunta de Galicia a Medalla Castelao.

O emblemático presentador alaricano faleceu o mércores e hoxe pola tarde celebrarase na igrexa de Santiago da súa vila natal un funeral polo seu eterno descanso,  previo á incineración que se realizará na intimidade familiar. Ata na esquela, ao parecer por el redactada, Superpiñeiro deixou a marca indeleble da súa personalidade. Un mielanoma que padecía dende 2018 foi o causante da súa morte aos 68 anos.

De Piñeiro pode dicirse que tiña un estilo propio que marcou un xeito de entreter á audiencia e que, en boa medida, cadraba cos gustos maioritarios da audiencia da televisión pública galega durante os anos que exerceu coma presentador e que, a posteriori, outros presentadores noutros medios adoptaron coma de seu.

Outros artigos

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...

+

“La palabra” – Manuel Domínguez

Las palabras, las palabras pueden ser fuego que quema, agua que inunda, frio que congela o tibio como el primer amanecer. Al niño, le dices un cuento y se lo cree, le dices que el ratoncito Pérez vendrá al amanecer dejar unas golosinas en su primer diente caído, y lo...

+

“A vivenda” – José Luis Calo

A falta de acceso a unha vivenda digna, adecuada e accesible impide a loita contra a pobreza en Galicia. UCIN Galicia ve moi necesario accións e medidas políticas e institucionais, tanto a nivel nacional como autonómico e local que garantan o dereito a unha vivenda e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sindicatos contra la oposición”. José Castro López

“Sindicatos contra la oposición”. José Castro López

UGT y CC.OO estaban hibernados y despertaron el domingo con la convocatoria demanifestaciones contra la oposición, sobre todo contra el Partido Popular por votar NOal decreto “ómnibus”, y las mantuvieron después de que esta formación anunciase el SIa la subida de las...

“Polas nubes” – Xulio Xiz

“Polas nubes” – Xulio Xiz

Hai algo menos dun século, España espertou ao turismo de calidade promovendo a construción de Paradores en edificios históricos, ao nivel preciso para recibir visitantes de alto nivel adquisitivo. E cando o turismo funcionou á perfección, con estas instalacións...