UFD inviste 450.000 euros en obras de mellora da calidade da subministro eléctrico en Rianxo

20 Xaneiro 2025

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, investiu 450.000 euros para a mellora do subministro eléctrico na parroquia de Leiro, no municipio de Rianxo (A Coruña). En concreto, a compañía construíu, no lugar de Brión, unha nova liña de media tensión subterránea de 1.080 metros con orixe nun apoio existente e final nun novo centro de transformación, con tres novas liñas de saída en baixa tensión. Así mesmo, a distribuidora adecuou a rede de baixa tensión existente na zona.

A compañía lembrou tamén que inclúe cada ano, no seu plan de investimentos, actuacións e iniciativas para potenciar as infraestruturas de subministración de enerxía eléctrica e mellorar a rede de distribución eléctrica, especialmente en zonas rurais, contribuíndo así ao desenvolvemento económico destes territorios e á mellora das súas condicións de vida. Nesta liña de traballo encadráronse as tarefas levadas a cabo en Leiro.

Para o delegado de UFD na provincia da Coruña, Emilio Castro, “o investimento realizado é unha proba máis do compromiso desta compañía co desenvolvemento enerxético de Rianxo, xa que as actuacións realizadas aumentarán a capacidade da rede de distribución na zona, ademais de mellorar a fiabilidade da subministración eléctrica e minimizar os tempos de resposta ante calquera incidencia na parroquia de Leiro”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.