“«Toda Galicia está nel» (Alfonso D.R. Castelao)”. Antonio González Millán

07 Xaneiro 2025

Lembrando os tempos daquel xaneiro chuvioso e triste que pregoaba o inicio dun ciclo luctuoso a partir do ano de 1936, este pasado día 5, como cada Día de Reis dende aquel en que foi sepultado na capital galega don Ramón del Valle-Inclán, as autoridades e colectivos valleinclanianos de Galicia lembran ao fillo ilustre da Terra. Tal e como proclamaría Alfonso D. R. Castelao, Galicia, logo de ter perdido a Portugal e a Valle-Inclán, ten a historia e a identidade dun país glorioso e manco, glorioso e manco como don Ramón. Tamén Victoriano García Martí daría luz entre as tebras para sinalar os vieiros da galegidade valleinclaniana na forma de ser, de sentir, de facer e vivir de don Ramón, outro fillo emigrante e o que máis se lle parecía. Valle-Inclán, Castelao, García Martí, xenialidades e figuras, arousáns e amigos os tres. Mestres en literatura, en arte, en pensamento, na proclamación desa nova identidade edificada sobre a Terra, o Pobo, a Cultura, que ao avanzar os tempos modernos hoxe dicimos nós e distinguen alén nós como do país galego, de galegidade.

A celebración desta efeméride ten un promotor e unha data de inicio: foi proposta polo exconcelleiro Luis Pasín, no ano de 1985, e sería aprobada en pleno por unanimidade dos grupos municipais da capital galega, para que o Concello de Santiago de Compostela proclamase a presenza de Ramón del Valle-Inclán. Universalidade, loubanza de amor e de esperanza, dous nomes de fama mundial que non precisan de seudónimo: Santiago de Europa e Valle-Inclán de Galicia.

Don Ramón descansa nun lugar privilexiado da necrópoli de Boisaca, a carón do romántico de destino tráxico Aguirre, do facedor de memorias alleas Antón Fraguas, do galleguista polas boas artes Isaac Díaz Pardo. Claves de sol que participan dese «soño de granito, inmutable e eterno» que é Santiago de Compostela, á que don Ramón tributa loubanza nos depurados termos pictóricos que só el sabía destilar en palabras: «Rosa mística de pedra, flor románica e basta, coma no tempo das peregrinacións conserva unha graza inxenua de vello latín rimado» (A lampada marabillosa).

Asumida esta convocatoria pola Xunta de Galicia, a través da Conselleria de Cultura e da súa Dirección Xeral de Cultura, en acto simbólico e solemne, as autoridades e representacións, as persoas que sabemos da admiración que se profesa a aquel que valía ser sinalado como o mellor artista da España contemporánea, congregadas arredor da rústica lousa de pedra traída dos cumios do Barbanza para protexer o corpo inmorrente do inmortal artista, adornan o sancta sanctórum de frores e verbas á memoria que só se profesa aos grandes.

Ramón del Valle-Inclán, xenio, figura e polemista, segue presente nos afectos que de xeito anónimo lle depositan durante todo o ano, en décadas de anos, unha humilde flor, confían un pensamento, motiva unha lembranza entre persoas anónimas. Que este xeito de lembrar un nome e as súas obras inmorrentes debe ser a eternidade.

Este 2025 a crueza da invernía lembrou ás persoas asistentes aquel outro 5 de xaneiro de 1936 no que, segundo as crónicas xornalísticas da época, nunca chorou tanto o ceo de Compostela. Ante o dolmen de Valle-Inclán estiveron por parte do goberno da Xunta de Galicia o Conselleiro de Cultura, Língua e Xuventude, Xosé López Campos e o Director Xeral de Cultura, Ánxo Lorenzo Suárez; por parte das Vilas Valleinclanianas, a Alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín xunto cos membros da Corporación José Antonio Constenta, Mercedes Rosón e María Baleato; o Alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Carlos Vidal Suárez; os Concelleiros de Cultura de Vilanova da Arousa, Xabier Tourís, e de Cambados, Liso González; e por parte das entidades galegas que reúne este escritor o director do Museo Valle-Inclán, que é a institución valleinclaniana do país, Antonio González Millán, o familiar e biógrafo de don Ramón, Xaquín del Valle-Inclán Alsina, Presidente do Foro Galicia e Valle-Inclán, xunto cos padroeiros desta A.C. de ámbito galego, Xosé María Fernández Pazos e Ángel Varela Señoráns, a actriz e directora teatral Gloria Rico, entre outros.

Por motivos excepcionais disculpou a súa presenza o exconselleiro Santos Oujo Bello, activo promotor da recuperación da memoria de Valle-Inclán cando tivo responsabilidades de goberno e de actuación. Pois a este Barbanza débelle Galicia as iniciativas, aprobadas as dúas por unanimidade no Parlamento de todos os galegos, de crear a Fundación Valle-Inclán e máis a Ruta Valle-Inclán en beneficio de todo o país, sendo declaradas de interese galego. Razóns polas que O Barbanza foi motor de industrias culturais.

Mascara mortuoria de Valle-Inclán tomada sobre o rostro do finado por Francisco Asorey, 1936. Fototeca do Museo Valle-Inclán, fondo Xaquín del Valle-Inclán

Homenaxe a Valle.Inclán en Boisaca este 5 de xaneiro de 2025

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.