Tarabela Teatro leva a Muros (este sábado) a función “Boa sorte, mala fama”

10 Xaneiro 2025

Tarabela Creativa leva esta fin de semana a Muros a súa peza teatral Boa sorte, mala fama. Será no auditorio do Centro Cultural e Xuvenil a partir das 20.30 horas, cun prezo de 3,50 euros. Trátase dunha función para público adulto (maiores de 16 anos) de 120 minutos de duración, cuxas entradas poden ser reservadas online ou tamén nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros en horario de 08.00 a 15.00 h.

Sinopse

As andoriñas, símbolo de boa sorte, tamén carrexan mala fama, igual que tantos emigrantes galegos que partiron á procura dun futuro mellor. Con esta metáfora, Boa sorte, mala fama reflexiona sobre as historias de vida e sacrificio que adoitan quedar na sombra.

Contribución do muradán Tono Beiro

Esta proposta de Tarabela Creativa conecta coa realidade local e ademais contou coa colaboración na súa creación do veciño muradán Tono Beiro, o que lle engade un valor especial e auténtico. A concelleira de Cultura, Caridad González, destaca: “É un orgullo iniciar a programación de 2025 cunha obra que reflexiona sobre o fenómeno da emigración, tan arraigado na nosa historia. A participación do veciño muradán Tono Beiro, que deixou pegada aquí e máis alá do mar, dálle unha conexión especial e auténtica”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.