Este sábado, Galicia experimentará un progresivo debilitamento da influencia anticiclónica, aínda que as nubes non farán acto de presenza ata a noite. Durante o día, espéranse ceos pouco nubrados ou despexados en xeral.
Co avance da madrugada do domingo, as nubes baixas comezarán a entrar polo litoral atlántico, marcando o inicio dun cambio nas condicións meteorolóxicas.
En canto ao vento, soprará de compoñente sur, sendo frouxo en terra e moderado no mar. Pola noite, prevéense intervalos de vento forte no litoral oeste.
Galicia afrontará así unha transición meteorolóxica que traerá maior nubosidade co paso das horas.

O noso mar: Vento do sueste á mañá, do sur á tarde e do sur á noite, forza 3 a 4 á mañá, 3 a 5 á tarde e 4 a 6 á noite. Marusía á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 2 a 3 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove