Sábado 11, xornada de transición cara ás altas presións

10 Xaneiro 2025

Este sábado presentarase como unha xornada de transición cara ás altas presións. Os primeiros compases do día estarán marcados por ceos cubertos e a presenza de orballos, especialmente na metade oeste de Galicia. Non obstante, a medida que avance a tarde, as precipitacións remitirán, deixando paso á apertura de claros, máis notable nas zonas do leste.

En canto ás temperaturas, agárdase un lixeiro descenso nas mínimas, mentres que as máximas experimentarán un leve ascenso, achegando unha sensación máis agradable.

O vento soprará frouxo, predominando do nordés no litoral norte, mentres que no resto do territorio manterá unha dirección variable.

Será, en definitiva, unha xornada de transición marcada pola melloría progresiva das condicións meteorolóxicas.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá e á tarde e do nordés á noite, forza 1 a 2. Mar rizado. Visibilidade mala á mañá, regular á tarde e boa á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá e á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...