Ribeira instala paneis solares nos edificios municipais para avanzar no aforro enerxético e no compromiso ambiental

08 Xaneiro 2025

O Concello de Ribeira informou do remate dos traballos de instalación de paneis fotovoltaicos en diversos equipamentos públicos do municipio, unha actuación que representa un novo avance nas políticas do Goberno local a prol da sustentabilidade e o aforro enerxético. En concreto, foron obxecto destes equipamentos o Auditorio Municipal, o Complexo Deportivo da Fieteira e a sede da UCA.

Paneis instalados no teito do novo Auditorio Municipal

Estas intervencións supuxeron un investimento de 263.226€ euros, financiados grazas a unha combinación de fondos municipais e axudas provenientes de programas europeos. “Os paneis instalados”, explicaron fontes do Concello, “permitirán reducir de forma significativa o consumo eléctrico das instalacións públicas, contribuíndo así á redución das emisións de CO2 e fomentando o uso de enerxía limpa”.

Na Fieteira

O alcalde Luís Pérez Barral sinalou que “grazas a este investimento avanzamos na transición enerxética facendo que a enerxía que consumen as instalacións públicas non teña un impacto negativo no medio ambiente. Con esta actuación reducimos o impacto ambiental e ademais optimizamos os recursos públicos grazas ao aforro que se derivará destes sistemas fotovoltaicos”. Para o rexedor, estes traballos son “un exemplo de como a administracións públicas podemos liderar cambios positivos que beneficien á cidadanía e ao medio ambiente”. O alcalde tamén quixo destacar a importancia de continuar promovendo iniciativas sustentábeis no futuro: “Seguiremos apostando por proxectos innovadores como estes en espazos como o Mercado Municipal ou a Casa Consistorial, entre outros puntos, e para iso estamos traballando en conseguir fondos doutras administracións que permitan avanzar no desenvolvemento sostíbel e acadar aforros económicos”.

Na sede da UCA

A posta en marcha destas instalacións fotovoltaicas forma parte dunha estratexia máis ampla que busca facer de Ribeira un concello respectuoso co medio ambiente e reducir a dependencia de fontes tradicionais de enerxía, xerando un aforro económico.

Así pois o Auditorio ten unha potencia instalada de 277.128 W mentres que os paneis poderán achegar unha potencia de 79.200 W (28.58% do consumo total). No Complexo Deportivo da Fieiteira a potencia instalada é de 277.120 W e os paneis poderán achegar unha potencia de 99.900 W (36.06% do consumo total). Por último na UCA a potencia da instalación é de 69.280 W, mentres que os paneis poderán producir 10.800 W (15,59% do consumo total).

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.