Ribeira adxudica a pavimentación dos Muiños en Oleiros

29 Xaneiro 2025

O Concello de Ribeira vén de adxudicar a realización dunha actuación no camiño do lugar dos Muiños, co obxectivo de mellorar o estado de conservación das infraestruturas nas parroquias do municipio. O pavimento actual deste camiño está moi deteriorado debido ao paso do tempo e ao uso de diferentes materiais, xa que a súa zona de rodadura conta con pavimento de aglomerado asfáltico, mentres que os sobreanchos son de aglomerado ou formigón.

Recentemente, realizáronse na zona obras de instalación dunha rede de saneamento, o que deixou o pavimento nun estado deficiente. O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, explicou que o obxectivo principal desta actuación é mellorar o firme do camiño, pavimentándoo cunha nova capa de aglomerado asfáltico e garantindo así que sexa transitable en boas condicións tanto para vehículos como para peóns.

Antes de proceder coa pavimentación, Pérez Barral detallou que aproveitarase a ocasión para construír novos pozos de rexistro nos camiños adxacentes, de forma que se poidan realizar futuras obras de saneamento sen que afecten ao novo pavimento.

A actuación incluída no proxecto contempla a demolición dos pavimentos actuais, a escavación de gabias para a colocación de tubaxe de PVC de 315 mm de diámetro, a construción de pozos de rexistro e acometidas á rede existente. Posteriormente, realizarase o acondicionamento das superficies, a aplicación de subbase de saburra para regularizar a estrada, e a colocación dunha capa de mestura bituminosa en quente de 6 cm de espesor en toda a superficie do camiño. Finalmente, procederase á sinalización viaria da zona, aplicando pintura para tráfico.

O proxecto foi adxudicado á empresa Construcciones Ponciano Nieto, S.L., cun importe de 59.885,17 €, e un prazo de execución estimado de 2 meses. A actuación será financiada con fondos propios do Concello de Ribeira.

O Concello de Ribeira adxudica a mellora do camiño do lugar dos Muiños para garantir un mellor mantemento das infraestruturas nas parroquias

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.