Ribeira acolle un seminario formativo sobre facturación electrónica

29 Xaneiro 2025

A Fundación INCYDE e o Concello de Ribeira van organizar de xeito conxunto a xornada formativa Facturación Electrónica e Acceso á Plataforma do Sector Público, unha sesión presencial e gratuíta onde se fará unha introdución aos ditos conceptos e ao seu marco normativo e, tamén, mostrarase como implementar a eFacturación nunha empresa ou na actividade dunha persoa autónoma con máximas garantías de seguridade e de protección de datos.

Tamén se botará luz en como optimizar os procesos administrativos, como acceder á Plataforma de Contratación do Sector Público, ademais de achegar detalles sobre o marco normativo da contratación pública.

A xornada será impartida por Begoña Costa, economista, mestrado en Dirección e Xestión de RRHH e socia fundadora de C&B asociados. A docente conta cunha dilatada traxectoria en consultoría, asesoría e emprendemento, como mentora especializada en finanzas, fiscalidade e financiamento de proxectos, ademais de como mentora de proxectos emprendedores.

Esta xornada celebrarase o vindeiro luns 24 de febreiro, de 16:00 a 18:00 horas no Centro Cultural Lustres Rivas e as persoas interesadas poden inscribirse a través do formulario de Google Forms (estará colgado na web do Concello de Ribeira) ou de maneira presencial na OAC e no Viveiro de Empresas do Concello de Ribeira.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.