Rexistradas máis de 200 incidencias por meteoroloxía adversa

08 Xaneiro 2025

Entre a medianoite e as 11 horas desta mañá, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias xestionou un total de 213 incidencias provocadas polos efectos da chuvia e do vento. Nestes momentos permanece activa unha alerta laranxa por chuvia no suroeste e de vento no oeste da Coruña, así como a de temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Precisamente son estas dúas zonas as máis afectadas pola meteoroloxía adversa: A Coruña sumou 130 incidencias, polas 65 de Pontevedra, as 14 de Lugo e as 4 de Ourense.

Conductor atrapado no Polígono do Tambre en Santiago

Santiago de Compostela e Vigo foron, cunha ampla diferenza, os concellos máis castigados pola chuvia, con 37 e 21 casos rexistrados respectivamente. Na provincia da Coruña destacan tamén Ames e A Coruña, con 7 cada un, e Boiro, Brión e Ribeira, con 5. Na de Pontevedra, A Estrada e Vilagarcía (4) e Gondomar, Pontevedra e Redondela (3) aparecen á continuación da cidade olívica.

Como adoita ocorrer, as incidencias máis repetidas tiveron que ver coa presenza de árbores e pólas nas vías de circulación (66), así coma outros obstáculos na calzada (27). A chuvia provocou o anegamento de vivendas e garaxes (28), estradas (22), rúas (9) e bolsas de auga (10). Por outra banda, destacaron as intervencións dos servizos de emerxencias para previr riscos maiores (como retirar vexetación ou asegurar fachadas), con 22 casos.

Incidencias destacadas
Aínda que o 112 Galicia non rexistrou incidencias de consideración, si que destacamos o rescate dunha muller que quedou atrapada no seu coche pola auga na ponte de Laraniño, en Laraño (Santiago), pouco antes das 9:30 horas da mañá. Os bombeiros municipais tiveron que intervir para sacar do vehículo á implicada, que se atopaba en bo estado. Tamén participou a Garda Civil de Tráfico.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.