Rematado o arranxo estrutural do depósito de auga de Esteiro (Muros)

29 Xaneiro 2025

O Concello de Muros informa á veciñanza do remate das obras de arranco do depósito de auga de Esteiro, uns traballos que foron cualificados do Goberno local como “moi necesarios e importantes” para a reparación “integral e estrutural da estrutura”.

“Cando chegamos ao Goberno e revisamos o estado das infraestruturas públicas municipais, atopámonos con que un dos vasos do depósito estaba inutilizado, con graves filtracións e serio risco de derrubamento”, explicou a alcaldesa de Muros, María Lago, engadido que “o vaso que estaba en uso estaba tamén en moi mal estado, polo que as parroquias de Tal e Esteiro podían quedar sen subministro de auga”.

As obras consistiron na impermeabilización dos dous vasos do depósito, a reparación exterior de varias zonas que amosaban deterioros importantes, o reforzo das trabes do teito con piares de apoio e uns traballos para o “grampado” da cuberta das instalacións, que cedera en gran parte.

O orzamento total da actuación foi de 67.766,66 euros, subvencionada en parte pola Xunta de Galicia a través dunha liña de axudas para evitar fugas de auga nas redes dos concellos.

A concelleira de Obras, Laura Rivadeneira, afirma que “con estas obras e facendo un correcto mantemento do depósito, temos asegurado o bo funcionamento dos tanques durante moitos anos”.

María Lago explicou a maiores que “a mellora das infraestruturas e os servizos públicos é o piar da nosa acción de goberno, son este tipo de actuacións as que melloran a vida da veciñanza de Muros”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.