“Remata o prazo para a presentación de alegacións contra a mina de Touro-O Pino”. Antón Luaces

29 Xaneiro 2025

O venres, 31 de xaneiro, rematará o prazo outorgado á cidadanía para que presente alegacións contra a reapertura da mina de cobre de Touro-O Pino. Trátase, na práctica, do mesmo proxecto presentado en agosto de 2017 -actualmente en exposición pública- que recibira unha Declaración  de Impacto Ambiental negativa en  xaneiro de 2020.

Segundo o BNG, esta é “unha nova ofensiva que ten a ver con recuperar proxectos de megaminería en todo o país” e este, o da mina de Touro, “é un exemplo vivo do que a Xunta do PP -afirma o partido nacionalista galego- é capaz de facer para poder dar carta branca a  un proxecto con gravísimo impacto ambiental, social e económjco”.

O concello de Touro manifestouse a prol dese proxecto mineiro, ao igual que o fixera practicamente na mesma data e con idénticos argumentos a Asociación de Mineiros de Touro que afirman querer “axudar a que a nosa comarca tome as súas propias decisións, a que participe e sexa escoitada, sen  imposicións de fóra, sen alarmismo e con toda a información na man”. Entende este colectivo que “a gran maioría silandeira dixo sí á mina”.

Cómpre lembrar que, após ser explotada a ceo aberto no período 1974-1987, a mina foi abandonada sen restaurar sendo utilizada para procesar e verter resíduos, o que provocou a inxección  de metais pesados ao sistema fluvial do Ulla e á ría de Arousa.

En 1973 Río Tinto Patiño solicitou a paralización e cesamento da actividade sen proceder á paralización e cese definitivo da actividade sen proceder á súa restauración. En 1993, a sociedade EXGA adquiriu os dereitos mineiros, e mantivo vixentes as concesións explotando áridos para a construción. Dende 2010 suspedéronse as tentativas de reapertura da mina. Varios dos canles  e afluentes coma os de Portapego, Felisa, Burgo, Pucheiras, Lañas e Brandelos presentan altos niveis de contaminación por metais pesados, contaminación que afectou ao salmón do río Ulla e aos sedimentos da ría de Arousa. Posteriormente os terreos foron empregados coma vertedoiro de resíduos perigosos. Entre estes os procedentes das depuradoras, que xeraron cheiros e contaminación por lixiviados.

A actividade mineira foi a causante da destrución do Castro de Copa, xacemento arqueolóxico da Idade de Ferro, e está enclavada no Camiño de Santiago (Camiño francés) na derradeira etapa,  preto do camiño de Quión a Arca, que sería destruido de se autorizar o novo proxecto proposto xunto ao Camiño da Feira do Vinte. 

A Fiscalía de Medio Ambiente presentou denuncias en 2020 ao xulgado contra do operador mineiro e varios altos cargos pola situación derivada da contaminación de canles e omisións no control administrativo da actividade. Dous anos máis tarde estaban abertos tres procedementos penais por estes feitos. Ata o mesmo Parlamento Europeo chegaron estes problemas asociados á mina de Touro. E agora, nas vindeiras horas,  debe decidirse sobre as alegacións que presentan o sindicato CIG, o BNG, a Plataforma Veciñal Mina de Touro-O Pino NON e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa. Todos eles reclaman a inadmisión do proxecto de reapertura da mina.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.