“Queixas” – Xulio Xiz

02 Xaneiro 2025

Un amigo que desfruta de oitenta e tres anos acabados de cumprir e goza dunha presencia que esperta a envexa de moitos do noso tempo, queixábaseme hai uns días das cousas que nos aqueixan aos maiores polo funcionamento dun organismo que bastante ben o está facendo. E agudizaba a expresión da súa inquedanza sinalando que o médico de cabeceira, amigo, ditaminaba – “sen examinarme”, dicía – sobre as que nin sequera son avarías, recordándolle que a idade era a causante dese imperfecto funcionamento.

Por outra banda, veño observando que amigos cos que falo se queixan de trancazos, antes chamabámoslles gripe, que se supón producidos por temperaturas ás que non estamos afeitos e algunha que outra choiva, recalcando todos que están vacinados contra estas cousas sen que noten o efecto benéfico da necesaria prevención.

E aínda que xa o teño sufrido outros anos e este ano máis, cada dúas semanas, e na ultima dúas, síntome atacado por dores, carraspeiras e outros síntomas desagradables que de inmediato ataco con fármacos que resultan taumatúrxicos para saír do atraco de xeito inmediato, pero nada me garante que a tranquilidade de narís, cabeza e ollos resista un cento de horas.

Penso que se non estivera vacinado contra o Covid, a gripe, e participado nun experimento especial de protección, sería moito peor ca o que agora me acontece, porque non se conforma o que non quere. Pero non se me ocorre comentarlle nada á miña Médica de familia, que ademais é amiga, non vaia ser que veña recordarme – con toda a razón do mundo – que estas cousas, hai cincuenta anos, non me pasaban.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.