Prosegue en Barbanza Arousa, impulsado pola Mancomunidade, a implantación do selo de calidade turística SICTED

14 Xaneiro 2025

A Mancomunidade Barbanza Arousa, formada polos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo, continúa este ano coa implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) entre os axentes turísticos do territorio, en consonancia coa súa estratexia de colaboración público-privada. A Mancomunidade fai saber que as empresas con interese en acadar esta acreditación deben poñerse en contacto a través do correo electrónico info@barbanzarousa.gal antes do 31 de xaneiro.

Barbanza Arousa explica que o SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo co apoio da FEMP, que traballa con servizos empresariais de ata 36 oficios diferentes, podendo participar todos os establecementos que se atopan no círculo do consumo do turista como transporte, aloxamento, restauración, comercio ou axencias de viaxes entre outras.

O obxectivo último é “mellorar a experiencia e satisfacción do visitante; mais para os servizos turísticos que decidan adherirse ofrece beneficios tales como mellorar a xestión interna, dispoñer dunha referencia para mellorar o seu traballo, incrementar a cualificación do persoal, compartir experiencias con empresarios do mesmo sector, participar no maior proxecto de calidade turística desenvolvido en España con máis de 9.000 servizos turísticos participantes ou optar a un distintivo que acredita o nivel de calidade turística, recoñecendo o esforzo realizado a nivel nacional e internacional”, engade a Mancomunidade.

Na pasada edición da implantación do SICTED conseguiron certificarse 49 empresas e servizos turísticos do destino, representando a un total de 16 oficios diferentes, recibindo o recoñecemento a nivel nacional como caso de éxito na implantación deste selo de calidade turística.

Máis información na web de Calidade en Destino.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.