“Privatizar a educación e a medicina, un camiño mal elixido” – Antón Luaces

15 Xaneiro 2025

Ambos os dous (educación e medicina) son dereitos de todos os cidadáns españois que os galegos imos perdendo ás alancadas.

A comunidade galega  ten 889 centros educativos de carácter público, 192 concertados e 163 privados. En total 1.244, repartidos por todo o territorio, nos que os alumnos albiscan agora mesmo un non moi grato panorama para o curso 2025-2026 e o 2026-2027 nos que moitos pais comezan xa a vivir un  verdadeiro crebadoiro de cabeza para os que teñen que matricular por primeira vez aos seus fillos e máis os que teñen que trasladalos de centro debido, por exemplo, a que mudan de etapa educativa. 

O problema é máis significativo para os pais de alumnos que deben afrontar no vindeiro curso  os estudos de ESO debido a que moitos dos centros actuais non imparten estes estudos,  o que obriga aos alumnos a matricularse en institutos que non sempre están radicados nas localidades da súa  residencia.

No curso actual o sistema aplícase como continuidade do xa levado a cabo en Galicia en tempos de Núñez Feijoo como presidente, tanto na Educación como na Medicina, en Galicia e que se reflicte actualmente na política autonómica que en Madrid aplica Ayuso. 

En  materia educativa, Galicia é unha das comunidades con menor gasto público, figurando entre as catro con menos alumnos por profesor na educación privada, feito que levou á Xunta

a convocar novas prazas de profesores para que a ratio de alumnado/profesorado no ensino público se axustara máis aos datos que se tiraban dos do sector privado.

Na Sanidade pública mantense unha especie de man a man coa Educación: os facultativos que a integran -especialmente na atención primaria- semellan ser insuficientes para asistir a unha poboación cada vez máis avellentada (polo tanto máis precisada da atención médica) e non queda outra saída que botar man dos novos titulados, decisión acollida con certa desconfianza por parte dun bo número dos beneficiarios deste servizo autonómico.

As medidas aquí aplicadas fai que a cidadanía calibre os motivos polos que a diferenza entre comunidades autónomas é tan grande, sen atopar unha resposta coherente que, por outra parte, tampouco a Xunta ofrece. E as conclusións para nada benefician ao Goberno galego.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...