Preocupación entre a veciñanza de Porto do Son polas mandas de xabarís

14 Xaneiro 2025

Desde o monte San Lois ata a praia de Boa, no municipio de Porto do Son, os xabarís están a gañar terreo, o que está a xerar unha crecente preocupación entre a veciñanza da zona. Os habitantes alertan sobre o perigo que supón a presenza destes animais salvaxes, que non só invaden as leiras e xardíns, senón que tamén se achegan perigosamente ás vivendas.

Os veciños relatan episodios nos que os porcos bravos amosaron comportamentos agresivos, chegando a botarse aos cans e incluso ás persoas.

Ante esta situación, a veciñanza solicita que as autoridades tomen medidas urxentes para controlar a presenza dos xabarís. Entre as solucións propostas, destacan a limpeza e roza das zonas lindeiras aos fogares, co obxectivo de evitar que estes animais aniñen nas proximidades das casas

Os habitantes tamén demandan un control efectivo das mandas de xabarís, cuxo número aumenta tempada tras tempada. Segundo afirman, trátase de animais perigosos e agresivos, polo que consideran esencial implementar medidas que garantan a seguridade da veciñanza e das súas propiedades.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.