“Pasear ou traballar”. Xulio Xiz

21 Xaneiro 2025

Antes, as sentencias cuasi filosóficas eran propias da xente de idade, adquiridas por experiencia vital. E palabra de vello era palabra sabia, material sobre o que se construíu o riquísimo refraneiro popular.
A frase rotunda que orixina a miña cavilación, foi pronunciada por un mozo traballador dunha empresa severamente afectada pola tolemía das vías para ciclistas sin ciclistas, ás veces utilizadas por patineteiros que non precisan delas pois dominan a circulación, e son monumento municipal ao desatino ou ao desatino municipal.
Explicábame o traballador as complicacións dos trailers para descargas imposibles, e as cabriolas das furgonetas de reparto, e por ser lugar de paso case obrigado para camiñantes, acabou por sentenciar: “O Concello só mira para a xente que pasea, e non para a que traballa”.
Quedei atónito. Pola xuventude do rapaz, polo absurdo da situación, polo xusto da consideración de escaso respeto polo que precisa espazo para o seu traballo fronte a paseantes aos que se nos trata a corpo de rei, e ciclistas nonnatos por si cando existan lles da por pasar polos trazados que ao Lugo municipal, e suponse que a Europa, lles deu por marcar quizais xogando á “Pita cega”.
Como camiñante, non teño a menor queixa deste Lugo mesopotámico que fomenta o camiñar preto das augas, pero como traballador ocasional ou residual poido comprender plenamente a expresión dun traballador, mozo en idade, sabio en experiencia. Que non está mal a peripatética, pero o que traballa merece atención e respeto.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.