“Pasear ou traballar” – Xulio Xiz

16 Xaneiro 2025

Antes, as sentencias cuasi filosóficas eran propias da xente de idade, adquiridas por experiencia vital. E palabra de vello era palabra sabia, material sobre o que se construíu o riquísimo refraneiro popular.

A frase rotunda que orixina a miña cavilación, foi pronunciada por un mozo traballador dunha empresa severamente afectada pola tolemia das vías para ciclistas sen ciclistas, ás veces utilizadas por patineteiros que non precisan delas pois dominan a circulación, e son monumento municipal ao desatino ou ao desatino municipal.

Explicábame o traballador as complicacións dos trailers para descargas imposibles, e as cabriolas das furgonetas de reparto, e por ser lugar de paso case obrigado para camiñantes, acabou por sentenciar: “O Concello só mira para a xente que pasea, e non para a que traballa”.

Quedei atónito. Pola xuventude do rapaz, polo absurdo da situación, polo xusto da consideración de escaso respecto polo que precisa espazo para o seu traballo fronte a paseantes aos que se nos trata a corpo de rei, e ciclistas nonnatos por si cando existan lles da por pasar polos trazados que ao Lugo municipal, e suponse que a Europa, lles deu por marcar quizais xogando á “Pita cega”.

Como camiñante, non teño a menor queixa deste Lugo mesopotámico que fomenta o camiñar preto das augas, pero como traballador ocasional ou residual podo comprender plenamente a expresión dun traballador, mozo en idade, sabio en experiencia. Que non está mal a peripatética, pero o que traballa merece atención e respecto.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.